O Partido Radical Democrático (en francés: Parti Radical-Démocratique, en alemán: Freisinnig-Demokratische Partei, en italiano: Partito Radicale Democratico Svizzero, en romanche: Partida liberaldemocrata svizra) foi un partido político de Suíza, herdeiro directo do antigo partido liberal (principal partido político dende 1840 ata 1900). O 28 de febreiro de 2009 fusionouse co Partido Liberal Suízo formando o Partido Liberal Radical.
O seu nome orixínase no período da Restauración do Estado Federal Helvético en 1848.
Nos seus primeiros anos representaba á burguesía protestante de Suíza en contraposición aos conservadores católicos.
En 2002 apoiou o multimillonario rescate á compañía Swissair.