O Partido Popular Sueco (Svenska folkpartiet ou SFP, Ruotsalainen kansanpuolue en finés) é un partido liberal da minoría sueca de Finlandia. Membro da Internacional Liberal e do Partido Europeo dos Liberal Demócratas.[1]
O SFP é un dos partidos máis antigos de Finlandia, fundouno Axel Lille en 1906. Actualmente é Stefan Wallin o líder do partido. No Parlamento de Finlandia o representante de Åland, xeralmente, entra a formar parte do grupo do SFP, indepedentemente da súa filiación partidaria. A pesar de ser un partido minoritario en Finlandia, o SFP forma parte de todos os gabinetes finlandeses dende 1976. Svenska Kvinnoförbundet, a organización feminina do SFP, estableceuse en 1907 e Svensk Ungdom, as mocidades do SFP, estableceuse en 1943. En total o SFP conta con 32.000 afiliados, 8 deputados no Parlamento Finlandés, 2 ministros, conseguiu o 4'6% dos votos nas eleccións xerais de 2003