O Parque nacional mariño de Khao Sam Roi Yot (en tailandés, เขาสามร้อยยอด) é unha área protexida do centro de Tailandia, na provincia de Prachuap Khiri Khan. Ten 98,08 km2 de extensión, dos cales 20,88 km2 son zonas mariñas. Foi declarado parque nacional en 1966, sendo o cuarto do país e o primeiro de carácter mariño.
Entre os animais que habitan no parque se inclúen o serau chinés (Nemorhaedus sumatraensis), o langur de anteollos (Trachypithecus obscurus), así como moitas especies de aves. No mar, aparece ocasionalmente o golfiño do río Irawadi (Orcaella brevirostris).
Atópase na costa occidental do golfo de Tailandia. Presenta variedade de paisaxes, desde montañas de calcaria con máxima altitude de 605 msnm, a marismas de auga doce, chairas costeiras, praias e illa fronte á costa.[1]