O Parque do Montnegre e o Corredor está na provincia de Barcelona, distribuído ó longo das comarcas do Maresme (49%), do Vallès Oriental (41%) e da Selva (10%). Foi constituído como parque o 20 de xullo de 1989 e conta actualmente cunha superficie protexida de 15.010 ha. Algunhas das localidades lindeiros máis salientables son: Arenys de Munt, Arenys de Mar, Pineda de Mar, Sant Celoni, ou Calella.
O macizos do Montnegre e a Serra do Corredor alíñanse paralelos ó mar Mediterráneo e están localizados na coñecida coma Cordilleira Litoral. As elevacións máis importantes do parque son o Pico Gros del Montnegre (766m) e o Santuari del Corredor(657m) A importancia deste parque radica na gran variedade de vexetación e biodiversidade que alberga. Esta débese en parte a situación xeográfica, o tipo de terreo e á variación climatolóxica que se produce entre as vertentes interiores e as costeiras. O bosque predominante é de aciñeiras mais tamén existe unha importante densidade de piñeirais e carballos.
A fauna do Montnegre e O Corredor é similar a doutros lugares da Cordilleira Litoral Catalá. Entre os mamíferos atopamos o xabaril, a xeneta, o esquío, o porco teixo e especialmente o corzo, que foi reintroducido no 1.993 con individuos procedente do suroeste de Francia. Atopamos tamén unha ampla variedade de réptiles coma a serpe verde, a serpe branca, o tritón, o sapo e a píntega. As aves tamén están presentes, mais son maioritariamente migratorios, pódense destacar a bubela, o pimpín ou o paporrubio.