O Parque Zoolóxico de Barcelona ou Zoo de Barcelona é un zoo de Barcelona situado no Parque da Ciutadella. Este lugar foi elixido porque os edificios do parque xa estaban dispoñibles logo da Exposición Universal de 1888. Foi inaugurado o 24 de setembro de 1892, coincidinco do día da Mercè, patroa da cidade. O Parque ten tres obxectivos: a conservación, a investigación e a educación. Os primeiros animais chegaron procedentes da colección privada de Lluís Martí i Codolar.
O zoo de Barcelona conta cunha das coleccións de animais máis importantes de Europa. Durante anos, concretamente desde 1966 ata o ano 2003 a estrela do Zoo foi o famoso Floco de Neve, único gorila albino coñecido.
En 2009 comezaron as obras de remodelación do Zoo situado na Ciutadella e as obras do novo Zoo Mariño, que desdobrará as instalacións dos hábitats terrestres e mariños.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Inmobles e lugares senlleiros | |
---|
Prazas e rúas | |
---|
Museos | |
---|
Estadios | |
---|
Artes escénicas | |
---|
Parques e xardíns | |
---|
Zoos | |
---|
Praias | |
---|