O Castelo dos Tres Dragóns (en catalán: Castell dels Tres Dragons) é o nome popular que recibe o edificio modernista construído na cidade de Barcelona entre 1887 e 1888 como Café-Restaurante para a Exposición Universal de 1888. É obra de Lluís Domènech i Montaner. Este nome probablemente foi adoptado da novela homónima de 1865 de Serafí Pitarra.
Atopábase ao final do paseo principal da exposición, hoxe Passeig de Lluís Companys, que unía o Arco de Triunfo co Parque da Ciutadella. Dende 2011 é unha sede científica do Museo de Ciencias Naturais de Barcelona.[1]