O Parque Natural dos Vales Occidentais é un parque natural situado no extremo occidental do Pireneo aragonés, formada polos vales da comarca da Jacetania. Con preto de 2000 quilómetros cadrados, contén toda a conca alta do río Aragón e os seus afluentes: Lubierre, Estarrún, Aragón Subordán, Veral, Majones e Escá. Debido ás diferentes altitudes e as diferentes orientacións; nestes vales existen 3 zonas ben diferenciadas: Ó norte atópanse os altos vales influídos pola existencia de antigos glaciares cuaternarios. As paisaxes foron alteradas polo xeo ó longo de séculos. Os bosques de faias, abetos, carballeiras e piñeiros son favorecidos pola alta pluviosidade e son fogar de diversas especies animais coma a pita do monte. Existen nesta zona unha reserva nacional de Caza e unha ZEPA.
Máis ó sur, atópase a canle de Berdún cuberta maioritariamente por cultivos de cereais e chopos. No extremo sur atópanse as formacións rochosas da Serra de San Xoán da Peña (Monumento Natural) e da Peña Oroel cuberta por carballos e piñeiros, sendo estes un dos bosques caducifolios mellor conservados da Península Ibérica.
O parque é refuxio dos últimos osos pardos dos Pireneos. Outras especies a salientar son o Peto montañés, o armiño, o Gabeador vermello ou a Rosalía alpina, un escaravello de cor azulada.