O Parque Nacional das Montañas do Tumucumaque (en portugués: Parque Nacional Montanhas do Tumucumaque) é un parque nacional do Brasil que se atopa na selva amazónica dos estados de Amapá e Pará. Limita polo norte coa Güiana Francesa e Suriname.
Tumucumaque foi declarado parque nacional o 23 de agosto de 2002 polo Goberno do Brasil, despois de colaborar co Fondo Mundial para a Natureza.[1] Forma parte do Corredor de Biodiversidade de Amapá, creado en 2003.[2] A unidade de conservación é mantida polo Programa Áreas Protexidas da Amazonia.[3] O seu Plan de Ordenación publicouse o 10 de marzo de 2010.