O Parque nacional Pieljekaise atópase no norte de Suecia, na rexión de Norrbotterns Län.
Características
O hábitat predominante é a Tundra con frecuentes bosques de bidueiro pubescente. O parque foi creado en 1909 e protexe unha superficie de 15.340 hectáreas.
Vexetación e fauna
Ademais do bidueiro atópanse outras especies vexetais coma o empetrum nigrum, solidago virgaurea ou a cornus suecica. O alce e o raposo ártico son frecuentes. Ocasionalmente pódense observar o oso pardo, o falcón xerifalte, Buteo lagopus, aguia real ou o glutón.
Véxase tamén
Ligazóns externas