A tundra (do saami "tunturi", chaira desprovista de árbores) é un terreo aberto e chan, de climasubglacial e subsolo xeado, carente de vexetación arbórea; solo cuberto de musgos e liques, e ás veces pantanoso.
Tamén existe a tundra por efecto de altura, como no Tíbet e en diversos niveis das montañas arredor do mundo.
Clima
As tundras atópanse en rexións preto dos polos, onde os invernos son extremadamente fríos, os veráns curtos e frescos. Nelas viven animais como os osos polares, lobos mariños, focas etc.
Vexetación
O delgado manto de vexetación está composto de liques, pastos e xuncos con raíces pouco profundas (porque o solo está sempre xeado) o que permite o desenvolvemento dunha extraordinaria fauna.
En verán, co desxeo, aparecen bases e pradarías de plantas anuais. Ademais da escasa vexetación, as poucas plantas que se conservan están acondicionadas para sobrevivir coa escasa calor diúrna e conservan auga no seu interior.