Paheli (en hindi: पहेली) é un filme indio de 2005 rodado en lingua hindi e dirixido por Amol Palekar. É un remake do filme de 1973 Duvidha de Mani Kaul, e baséase na historia escrita por Vijayadan Detha en lingua rajasthani. Tamén foi parcialmente inspirado polo filme canarés de 1997 Nagamandala, baseado á súa vez na obra homónima de Girish Karnad.[2] Foi producido por Juhi Chawla, Aziz Mirza, Sanjiv Chawla e Shah Rukh Khan, quen tamén é o protagonista. Conta a historia dunha esposa (Rani Mukerji) cuxo marido (Khan) marcha de viaxe de negocios xusto despois de casar, e recibe a visita dun xenio, disfrazado do seu marido, que está namorado dela e ocupa o seu lugar no fogar. A historia de Detha, que fora adaptada anteriormente ao filme de 1973 por Mani Kaul, ten orixe folclórica.[3] Porén, Paheli diverxe do seu material orixinal e das adaptacións anteriores ao dar á trama e ao seu personaxe feminino principal un carácter máis feminista.[4]
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 78ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5]
Personaxes
Notas
- ↑ 1,0 1,1 "Paheli". Box Office India. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2015. Consultado o 23 de agosto de 2015.
- ↑ "Top ten Kannada films to have been remade". The Times of India.
- ↑ Martins, Constantino; Damásio, Manuel (15 de agosto de 2016). Seduction in Popular Culture, Psychology, and Philosophy. IGI Global. p. 140. ISBN 978-1-5225-0526-6.
Detha's ostensibly simple folktale published in of the 1970s, with its multi-layered texture, has become a favorite for film makers: two veteran film directors - Mani Kaul (who made Duvidha in 1973) and T.S. Nagabharana (made Nagamandala in Kannada, in 1997) before Palekar-Gokhale remade it as Paheli in 2005.
- ↑ Journal of Dramatic Theory and Criticism. University of Kansas. 2014. p. 66.
- ↑ Ashraf, Syed Firdaus. "Paheli is India's Oscar entry". www.rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2019. Consultado o 2019-05-13.
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
1957–1980 | | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–2020 | |
---|
2021–presente | |
---|