Chhello Show |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | છેલ્લો શો |
---|
Director | Pan Nalin |
---|
Produtor | |
---|
Guión | Pan Nalin |
---|
Intérpretes |
- Bhavin Rabari
- Bhavesh Shrimali
- Richa Meena
- Dipen Raval
- Paresh Mehta
|
---|
Música | Cyril Morin |
---|
Fotografía | Swapnil S. Sonawane |
---|
Montaxe | Shreyas Beltangdy Pavan Bhat |
---|
Estudio |
- Chhello Show LLP
- Monsoon Films
- Jugaad Motion Pictures
|
---|
Distribuidora | |
---|
Estrea | Festival de Cinema de Tribeca: 10 de xuño de 2021 |
---|
Duración | 110 minutos |
---|
Orixe | India |
---|
Xénero | Drama |
---|
Na rede |
---|
https://www.lastfilmshow.net/ |
|
Chhello Show (en gujarati: છેલ્લો શો) é un filme indio de 2021 dirixido por Pan Nalin. Está protagonizado por Bhavin Rabari, Bhavesh Shrimali, Richa Meena, Dipen Raval e Paresh Mehta.[2] O filme estreouse na 20ª edición do Festival de Cinema de Tribeca o 10 de xuño de 2021 e nos cinemas da India o 14 de outubro de 2022.
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[3] chegando a clasificarse na lista curta de decembro.[4]
Sinopse
Samay (Bhavin Rabari) é un neno de nove anos de Chalala, unha aldea de Saurashtra, Gujarat, na India, que pasa un verán enteiro vendo filmes dende a cabina de proxección dun cinema subornando ao proxeccionista Fazal (Bhavesh Shrimali). Está absolutamente hipnotizado polos fimes e a realización cinematográfica, ata o punto de que decide converterse en cineasta, descoñecendo os tempos desgarradores que lle esperan.
Personaxes
- Bhavin Rabari como Samay
- Bhavesh Shrimali como Fazal
- Richa Meena como Baa
- Dipen Raval como Bapuji
- Paresh Mehta como director do cinema
- Vikas Bata comom Nano
- Rahul Koli como Manu
- Shoban Makwa como Badshah
- Kishan Parmar como ST
- Vijay Mer como Tiku
- Alpesh Tank como Mr. Dave
- Tia Sebastien como Leela Mila
- Jasmin Joshi como Rathor
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
1957–1980 | | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–2020 | |
---|
2021–presente | |
---|