Paco Esteve i Beneito, nado en Agres (provincia de Alacant) o 2 de outubro de 1979, é un filólogo, escritor e acordeonista valenciano.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Catalá pola Universitat d'Alacant e en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Barcelona. Traballou de tradutor e de profesor de lingua catalá[1], e durante os anos 2005 e 2008 foi profesor de Estudos Cataláns na Universidade de Santiago de Compostela.
Foi acordeonista do grupo Ataque Escampe entre os anos 2006 e 2009.[2]
No ano 2016 gañou o Premio Enric Valor de Novela en Valenciano pola obra Si ha nevat[3], novela que tamén recibiu o Premio da Crítica dos Escritores Valencianos.
Obra
Deuse a coñecer coa novela Qui no fa la festa (2013).[4] No ano 2015 publicou Agres i dolces, unha escolma de lingua, toponimia e literatura oral da vila de Agres.[5]
Narrativa
- Qui no fa la festa, 2006, Edición do autor.
- Si ha nevat, 2016, Edicions Bromera.
- Qui no fa la festa, 2018, Més Llibres.
Literatura infanto-xuvenil
- El laberint en la roca. Les covetes dels moros, 2019, Fundació Bromera per al foment de la lectura.
- Pandora du sort, 2019, Edicions del Bullent.
Lingüística
- Agres i dolces, 2007, Edicions del Bullent.
Premios
Notas