|
|
|
A Orencio Pérez en Castro Caldelas e en Vigo.
|
Orencio Pérez González, nado en Trabazos (Castro Caldelas) en 1928 e finado en Vigo o 20 de setembro de 1998, foi un xuíz galego.
Traxectoria
Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela opositou e obtivo a praza de secretario de xulgado. Despois de traballar en Vigo, conseguiu entrar como xuíz na década dos oitenta e foi destinado a Mataró, onde aprendeu catalán e ditou sentenzas nesa lingua. A principios da década dos noventa, foi destinado a Vigo, onde foi un dos pioneiros do emprego do galego nos xulgados desa cidade. Foi un dos fundadores da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
Ten unha praza dedicada en Vigo e un monumento en Castro Caldelas.
Véxase tamén
Bibliografía