O municipio, que comprende unha parte continental e a illa de Armona, na ría Formosa, ocupa unha extensión de 126,82 km².[1]
Segundo o censo de 2001 contaba cunha poboación de 40 808 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 322 hab./km².
Historia: a vila de Olhão da Restauração
Despois da revolta dos olhanenses contra os franceses (entre o 16 e o 19 de xuño de 1808), algúns pescadores do lugar de Olhão oferecérose para ir ao Brasil a dar ao futuro Xoán IV de Portugal a noticia da restauración do Reino do Algarve. O Bom Sucesso, como se chamaba a embarcación, chegou ao seu destino o día 22 de setembro de 1808, asombrando ao propio príncipe rexente, que recompensou aos olhanenses con diversos cargos e os condecorou. O 15 de novembro, o mesmo monarca concedia ao lugar de Olhão o nobre título de Vila do Olhão da Restauração (sic), igualándoa ás "vilas máis notábeis do Reino". Deste modo, a pequena aldea, que non tería máis de 5 000 habitantes, conseguiu separarse de Faro e transformarse en concello.[3]
Freguesías
O municipio está subdividido en catro freguesías:[4]
Francisco Xavier de Ataíde Oliveira (1906): Monografia do Concelho de Olhão da Restauração. (Hai 2 reedicións).
Alberto Iria: "O Compromisso Marítimo da vila de Olhão da Restauração (Subsídios para a história das corporações de mareantes e pescadores do Algarve)", en Mensário das Casas do Povo, nº 120.
António Rosa Mendes (2008): Olhão fez-se a si próprio. Olhão: Gente Singular Editora.