A Guarda Nacional Republicana é a forza nacional de gendarmeria da República Portuguesa, constituída por militares organizados nun corpo especial de tropas e dotada de autonomía administrativa, con xurisdición en todo o territorio nacional e nas augas territoriais. Pola súa natureza e polivalencia, a GNR atopa o seu posicionamento institucional no conxunto das forzas militares e das forzas e servizos de seguridade, sendo a única forza de seguridade con natureza e organización militares, caracterizándose como unha Forza Militar de Seguridade Pública. O corpo conta cuns 26.000 efectivos aproximadamente.
A GNR é un corpo que actúa en todo tipo de conflitos en calquera das modalidades de intervención, desde en tempos de paz e de normalidade institucional, aos de guerra, pasando polas situacións de crise, tanto a nivel interno como no exterior (como foron os casos de Timor e de Iraq). En situacións de normalidade, a GNR executa fundamentalmente as típicas misións policiais, máis alén da asignación de misións militares no ámbito da defensa nacional coa colaboración coas Forzas Armadas (é aquí onde reside a gran diferenza cos Policías).
Debido á súa natureza, en situacións de estado de urxencia ou de sitio, a organización e a formación dos seus militares por parte da GNR, preséntase como a forza máis indicada para actuar en situacións problemáticas e de transición entre a Policías e as Forzas Armadas.
Xa en caso de guerra, pola súa natureza militar e que chega a todo o territorio nacional portugués, pode, illadamente ou en complemento, desempeñar un abano moi amplo de misións das Forzas Armadas. De igual forma, pode cubrir todo o espectro de misións no ámbito das denominadas OOTW (operations other than war, operacións alén da Guerra), desde a fase de imposición á de mantemento, en complemento das Forzas Armadas, tendo especial relevancia ás fases post-conflito.
A GNR comparte as responsabilidades do sistema policial de Portugal continental coa Policía de Seguridade Pública (PSP), cabendo a esta última só a responsabilidade dos grandes centros urbanos (5% do territorio nacional) e á Guarda, a responsabilidade do 40% da cidades e o 98% das vilas e a práctica totalidade das aldeas do país. Nos Azores e en Madeira está asignado, tamén á PSP, a policía das áreas rurais, e á GNR a operar nas áreas fiscais, no control costeiro, na protección da natureza e ata a chamada de socorro na fracción habitada máis illada do territorio de Portugal, como a illa do Corvo, a GNR é a única forza policial permanentemente instalada na illa asumindo tódalas responsabilidades policiais.
A GNR ten como asignacións exclusivas:
A GNR ten ademais a responsabilidade das honras de estado e da seguridade de varios edificios dos órganos de soberanía, como o Palácio de Belém, residencia oficial do Presidente da República, o Palácio de São Bento, sede da Asemblea da República e residencia oficial do Primeiro Ministro e o Palácio das Necessidades, sede do Ministerio de Asuntos Exteriores.
A GNR foi creada en 1801, como Guarda Real da Policía, inspirándose na Gendarmerie francesa.
O seu aniversario é cada 3 de maio, sendo a súa patroa Nossa Senhora do Carmo (Nosa señora do Carme).
A Garda Nacional Republicana depende a efectos policiais e operativos en tempos de paz, do Ministério da Administração Interna (Ministerio de Interior) e para efectos militares do Ministério da Defesa Nacional (Ministerio de Defensa Nacional).
No seguimento da Lei nº 63/2007 (nova Lei Orgánica da GNR) a tradicional estrutura da GNR, incluía catro Brigadas Territoriais, a Brigada Fiscal, a Brigada de Tránsito, o Regimento de Cavalaria (membro-honorario da Orde do Infante D. Henrique a 5 de xaneiro de 2006) [1] e o Regimento de Infantaria. Estes foron substituídos por unha nova estrutura, considerablemente distinta, que foi aplicada a comezos de 2009. A GNR é comandada por un oficial-xeneral, co título de Comandante Xeral e inclúe:
1) Estrutura de comando:
2) Unidades territoriais:
Cada comando territorial, comandado por un coronel ou tenente coronel, inclúe destacamentos baixo o mando dun capitán ou dun oficial subalterno, subdestacamentos, comandados por oficiais subalternos, e postos territoriais, comandados por sarxentos. Cada comando territorial, normalmente, inclúe tamén un destacamento de tráfico e un destacamento de intervención.
Os comandos territoriais dos Azores e de Madeira desempeñan, esencialmente, só misións de control costeiro e de acción fiscal, respectivamente, baixo dependencia funcional da UCC e UAF. Os actuais comandos territoriais corresponden, esencialmente aos anteriores grupos territoriais das antigas Brigadas Territoriais. A extinción das brigadas territoriais, a finais do ano 2008, puxo os comandos territoriais en dependencia da estrutura central de mando da GNR;
3) Unidades especializadas:
4) Centros de ensino:
A Guarda Nacional Republicana é descendente directa da Guarda Real da Polícia, nada ao principio do século XIX, pasando por varias denominacións até chegar a ser a actual.
A Guarda Real da Polícia de Lisboa foi creada no ano 1801 polo Príncipe Rexente Xoán VI de Portugal, baixo a proposta do policía da Corte e do Reino, Pina Manique, seguindo o modelo da Gendarmerie francesa, que foi creada no ano 1791. Xa en 1793 o Intendente Pina Manique organizou, a título experimental, unha compañía militar policial, antecesora da GRP. Seguindo despois á GRP de Lisboa, creando a Guarda Real da Polícia do Porto e a Guarda Real da Polícia do Rio de Janeiro, esta última tendo a súa orixe das actuais Polícia Militar do Estado do Rio de Janeiro e Polícia Militar do Distrito Federal, no Brasil.
De acordo co regulamento, a Guarda debería estar «formada polos mellores soldados, escollidos en todo o Exército, non só entre os máis fortes, firmes, solteiros, e ata 30 anos de idade… máis tamén de boa educación e conduta», a razón de que a «Súa Maxestade quere que o Corpo da G.R.P., sexa unha Forza Nacional, que asegure a tranquilidade interna da Capital».
A Guarda foi realizando as funcións de policía na cidade de Lisboa e arredores. A finais de 1807, coa partida da familia real e da corte para o Brasil, debido á primeira invasión francesa, mantense en servizo, mais este non embarcou ao Brasil. As ordes que recibiu foi a de recibir o xeneral francés Junot, acompañando-o desde Sacavém ata Lisboa. As obrigas continuaron sendo as mesmas incluso durante a ocupación francesa da cidade, sendo incluso o comandante, un aristócrata francés emigrado, o cal colaborou activamente co exército invasor, sendo nomeado mesmo "Governador das Armas de Lisboa". Esta colaboración activa de Novion fixo que fose o único oficial francés emigrado, que entrase ao servizo de Portugal no Estado Maior do marqués de La Rosière, a abandonar Portugal co exército de Junot no setembro seguinte.
Algúns oficiais e soldados da Guarda foron acusados de colaboración e expulsados do corpo, mais sen máis consecuencias. Había outros que se incorporaron no exército portugués de Bernardim Freire de Andrade, e que estiveron presentes no combate da Roliça e na batalla do Vimeiro, na que participaron corenta e un soldados da Guarda, comandados polo capitán do primeiro escuadrón, Elizário de Carvalho, quen morreu ao final da batalla durante a carga da cabalaría británica e portuguesa.
Co fin da ocupación francesa, a Guarda retomou a súa actividade normal, nomeando o seu comandante, co posto de coronel, o maior do rexemento de cabalaría n.º 9, de Chaves, Filipe de Sousa Canavarro.
No final de maio de 1834, o Rei D. Pedro IV, asumindo a rexencia en nome da súa filla María II, e polo feito de Guarda Real da Polícia de Lisboa, despois do inicio do conflito que levou á Guerra Civil ao terse posto ao lado de D. Miguel[3], extínguese as GRP de Lisboa e Porto, creando a Guarda Municipal de Lisboa e a Guarda Municipal do Porto con características idénticas. En 1868, ámbalas Guardas foron postas baixo un Comando-Xeral unificado, instalado no cuartel do Carmo, no Largo do Carmo, no Chiado, en Lisboa, que aínda hoxe é o cuartel xeral da G.N.R.
A Guarda Municipal era considerada parte do Exército Português, mais dependía do Ministério do Reino para todos os asuntos en relación á Seguridade Pública.
Despois do golpe de estado de 5 de outubro de 1910 que substituíu a Monarquía Constitucional polo réxime republicano, o nome da Guarda Municipal de Lisboa e Porto foi cambiado polo de Guarda Republicana de Lisboa e Porto.
Por decreto de 3 de maio de 1911, é nada a Guarda Nacional Republicana, substituíndo a Guarda Republicana, como unha forza de seguridade composta por militares, organizada nun corpo especial de tropas, dependendo en tempos de paz do ministerio responsable pola seguridade pública, (para efectos de recrutamento, administración e execución dos servizos correntes) e do ministerio responsable dos asuntos militares para efectos da doutrina militar, do armamento e do equipamento. En situación de guerra ou de crise grave, as forzas da GNR ficaron operacionalmente baixo comando militar.
En 1993, a GNR absorbeu a Guarda Fiscal, que se constituíra como unha forza independente en 1885, a cal se tornou en Brigada Fiscal da GNR.
En 2006, foi integrada na G.N.R a Polícia Florestal, que pasou a ser o Serviço de Proteção da Natureza e Ambiente (SEPNA), reforzando a Guarda Nacional Republicana no ámbito da fiscalización e sensibilización do medio ambiente e montes. Foi creado tamén o Grupo Intervenção Protecção e Socorro (GIPS).
En xaneiro de 2010 a G.N.R obtivo un importante éxito cando detivo a dous membros da organización terrorista vasca ETA nun control de estradas. A detención deu lugar ao descubrimento e á captura dun depósito provisto cunha gran cantidade de explosivos, no que ficou como a primeira base loxística de ETA en Portugal.[4]
Pistolas
Escopetas
Pistolas-Metralladoras
Fusís
Outros
Coches de patrulla
Motos
Vehículos deportivos
Vans, camións e autobuses
Vehículos blindados e canóns de auga
Bicicletas
Barcos
A Banda Sinfónica da Guarda Nacional Republicana[5] é unha banda sinfónica portuguesa ligada á Guarda Nacional Republicana establecida en Lisboa.[6].
O 5 de xaneiro de 2006 foi asignada como Membro-Honorario da Ordem do Infante D. Henrique.[1]