O xardín da alegría (en inglés: Saving Grace) é unha película británica do ano 2000, dirixida por Nigel Cole e baseada nun guión de Mark Crowdy e Craig Ferguson. Foi coproducida por Fine Line Features, Homerun Productions, Portman Entertainment, Sky Pictures, e Wave Pictures; e filmouse entre Londres e as vilas de Boscastle e Port Isaac, en Cornualla. Os seus protagonistas están interpretados pola actriz e actores Brenda Blethyn, Ferguson, e Martin Clunes, entre outros.
As críticas para a película foron en xeral boas e recadou sobre un $24,325,600 polo mundo adiante. Ademais a película recibiu varios premios como tamén numerosos nomeamentos.
Emitiuse na Televisión de Galicia o 2 de outubro de 2005.[1]
Supetamente viúva, Grace Trevethyn atópase nunha situación financeira crítica cando herda numerosas débedas que o seu home foi acumulando durante anos. Están a piques de embargarlle a casa, e entón, empregando o seu coñecemento talentoso da horticultura, decide artellar un plan de cultivar marihuana de gran calidade para logo vendela a bo prezo, e así resolver os seus problemas económicos.
Pistas
Martin Clunes protagonizou dous filmes para a televisión despois deste filme e baseados no personaxe que interpretou: Doc Martin e Doc Martin and the Legend of the Cloutie.