O pai da noiva (en inglés: Father of the Bride) é un filme estadounidense dirixido por Charles Shyer que se estreou en 1991. Está protagonizado por Steve Martin, Diane Keaton, Kimberly Williams, George Newbern, Martin Short, BD Wong e Kieran Culkin. É un remake do filme homónimo de 1950.
Estreouse en galego o 11 de outubro de 2004 a través da TVG.[3]
George Banks, un home maduro pero mozo de espírito, non acaba de aceptar que a súa filla de 22 anos, para el aínda unha nena, estea a piques de casar. Aínda que todos cren que o noivo é un rapaz estupendo, é iso o que o converte no inimigo do seu futuro sogro, que ten medo a perder a súa filla para sempre.