O Soldón, A Seara, Quiroga

O Soldón
ParroquiaA Seara
ConcelloQuiroga
Coordenadas42°33′04″N 7°06′01″O / 42.5511811, -7.1003805
Poboación13 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

O Soldón é unha aldea de montaña, localizada na parroquia da Seara, no concello de Quiroga. No ano 2007 tiña 21 habitantes.

Xeografía

O Soldón está situado na serra do Courel, ao pé da estrada que une o núcleo de Quiroga coa Veiga de Valcarce en León. Está situada na beira occidental desa estrada, subindo na montaña, a unha altitude comprendida entre os 875 e os 950 m. Ao leste da aldea está situada a Fonte de Cais, un dos cumios máis elevados do Courel, con 1.419 m.

O río que pasa por Soldón é un regato chamado Carrozo de Pinacedo, que á entrada da aldea conflúe no río Soldón. Este, que é un curso maior, desemboca no río Sil 20 km ao sur, e traza un percorrido paralelo á aldea, ao leste desta.

Ten unha capela e tamén un pequeno camposanto, se ben a igrexa parroquial non se atopa no Soldón, senón na aldea da Seara. Tivo escola unitaria, que foi construída comunalmente en 1939 e que funcionou dende 1940 ata 1974.

Cultura

Para a reconstrución e rehabilitación da antiga escola do Soldón como local social celebrouse o 3 de maio de 2008 un festival musical na Ermida, chamado Frikiroga.

Lugares e parroquias

Lugares da Seara

Lugares da parroquia da Seara no concello lugués de Quiroga

O Mazo | A Seara | O Soldón | Vieiros | Vilarbacú

Parroquias de Quiroga

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Quiroga

Augas Mestas (Santiago) | Bendilló (Santa María) | Bendollo (Santa Baia) | Bustelo de Fisteus (Santa Bárbara) | Cereixido (Santa María) | A Enciñeira (Santa Isabel) | A Ermida (Santa María) | Fisteus (San Mamede) | O Hospital (San Salvador) | Montefurado (San Miguel) | Nocedo (San Lourenzo) | Outeiro (Santa María) | Pacios da Serra (San Salvador) | Paradaseca (San Marcos) | Quintá de Lor (Santa María) | Quiroga (San Martiño) | A Seara (Santa María Madanela) | Sequeiros (Santa Mariña) | Vilanuíde (Santo Antonio) | Vilar de Lor (San Xosé) | Vilarmel (San Lourenzo) | Vilaster (Santa María)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!