Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
O Monte.
San Miguel do Monte é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 85 habitantes (45 homes e 40 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 97 habitantes.
Patrimonio
A igrexa de San Miguel do Monte foi edificada a finais do século XII en estilo románico, se ben durante o século XVIII adicionáronse numerosos elementos, como o coro ou a fachada occidental.
Da igrexa románica interesan os canzorros, en especial aqueles de formas zoomorfas e antropomorfas. Con todo, o elemento de maior interese patrimonial é o tímpano da portada meridional. Neste tímpano figuran dous músicos e unha bailarina nunha escena de xograría, aínda que Moralejo identificou nela ao rei David tocando a viola[2].
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares do Monte
Parroquias de Chantada
Notas
Véxase tamén
Outros artigos