O Carregal é un lugar da parroquia de San Xián de Marín no concello pontevedrés de Marín, na comarca do Morrazo. Tiña 110 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 48 eran homes e 62 mulleres.
O topónimo Carregal é un fitónimo que fai referencia, tanto en galego como en portugués,[1] a un terreo pantanoso no cal abunda a «cárrega» ou «carrega», planta gramínea tamén denominada carriza, propia dese tipo de lugares húmidos ou brañas. Procede do latín Carex (de raíz *Carric) co sufixo derivativo -ale.[2]
A Agrela | Arealonga | A Bouza | Bravos | O Caeiro | O Carballal | O Carregal | O Casal | Cidrás | Coirados | O Cruceiro do Vento | O Igrexario | A Laxe | Macenlle | A Moreira | O Outeiro | Pardavila | A Pena | A Porteliña | A Raña | A Roza | A Rúa Nova | O Sequelo | As Sete Espadas
Ardán (Santa María) | O Campo (Santa María) | Marín (San Xián) | Marín (Santa María do Porto) | Mogor (San Xurxo) | San Tomé de Piñeiro (San Tomé) | Seixo (Nosa Señora do Carme)