Nuria Vilán Prado, coñecida como Nuria Vil, nada en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1993, é unha poeta galega.
Traxectoria
Formouse en estudos de lingua e literatura nas universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Forma parte do proxecto de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro canda Vanessa Glemsel. Traballa como creadora de contidos na canle Coidado coa cadela e xestiona un perfil na plataforma de mecenado Patreon. Colaborou no espectáculo Por Xela! de A banda da Loba e coa marca de roupa ourensá Salsa Gaucha, que traballa pezas téxtiles a partir de poemas e versos.
Obras
Obras colectivas
- Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (Xerais, 2023).[3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas