Non te amola! é un libro de Xela Arias, de dezaseis capítulos, o único de narrativa da poeta. En 2021 foi publicado en dúas edicións distintas: en edición non venal polo Consello da Cultura Galega, con limiar de Rosario Álvarez Blanco, estudo de Ana Iglesias da Universidade de Vigo e sete ilustracións de Bea Gregores,[1] e, no mesmo ano, pola Editorial Galaxia, con ilustracións de Luz Beloso, na colección Libros para Compartir.[2]
“
|
Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro.
|
”
|
— Xela Arias, Non te amola! (Galaxia).
|
Índice
Componse de 16 capítulos:[3]
- "Agora na primavera fixen nove anos"
- "Andei investigando que facer"
- "Meu avó Pedro baixaba na bicicleta"
- "Vou contar de min"
- "Mandáronme coa tía Irene"
- "O avó Manuel pelexou cos lobos"
- "Esa navalla de mango negro"
- "A neve é friísima"
- "Os avós van ser coma o cine"
- "Non sei por que se empeñan en saber"
- "Os meus pais cumpriron a súa palabra"
- "Carlota quere facerse tendeira"
- "Hai un monstro no váter"
- "Estivemos na festa da alameda"
- "Vou ser vella"
- "Pensei que escribir un libro podía ser unha causa ben inútil"
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas