Niké,[1]Nice ou Nike, (en grego antigo Νίκη, vitoria), segundo a mitoloxía grega, era a divindade da vitoria[2][3] e o seu equivalente romano era a "Vitoria". Aparecía con corpo dunha doncela alada voando a gran velocidade que levaba unha palma e coroa de loureiro e representaba a vitoria no combate e nas competicións atléticas.
Referencias antigas
Hesíodo, convértea en filla do titán Palas e de Estixia sendo, polo tanto, irmá de Bía (a Violencia), Zelo (o Fervor) e Cratos (a Forza). Segundo a mitoloxía posterior, Estixia levounos a carón de Zeus cando este buscaba aliados entre os deidades olímpicas para a loita contra os Titáns,[4] deidades máis antigas. Níke asumiu o papel de auriga divina,[5] un papel no que tamén aparece na arte grega clásica, e voou polos campos de batalla recompensando aos vencedores con gloria e fama, simbolizada pola coroa de follas de loureiro. En sinal de gratitude, Zeus adoptou a Nike.
Os romanos coñecíana polo nome de Vitoria e, segundo a súa mitoloxía, foi educada por Palas, o heroe epónimo do Palatino, que lle construíu un templo no cume da cuíña palatina.
Nike aparece alada na maioría das estatuas e pinturas, sendo a Nike alada de Samotracia (exposta no Museo do Louvre) unha das máis coñecidas. Nike é a deusa da forza, a velocidade e a vitoria. Aínda que orixinalmente era consideraba unha deusa independente, trala batalla de Salamina (480 a. C.), quedou asociada a Atenea e mesmo, Nike, foi un alcume da deusa co significado de «vitoriosa», e pasou a ser representada como unha pequena escultura feminina sobre a palma da man da deusa na estatua de Atenea situada no Partenón.
Níke tamén é unha das imaxes máis presentes nas moedas gregas.[6]
Hai múltiples nomes en moitas linguas que proveñen de Nike, como por exemplo: Nikolaos, Nicholas, Nicola, Nick, Nicolai, Niccolò, Nikolai, Nicolae, Nils, Klaas, Nicole, Ike, Niki, Nikita, Nikitas, Nika, Nieke, Naike, Niketas, Nikki, Nico, e Verónica .
Referencias contemporáneas
A empresa de equipamiento deportivo Nike, Inc. leva o nome da deusa.[7]
Un sistema de mísiles antiaéreos estadounidense, lleva o nome de Proxecto Nike.[8]
Unha figura de da deusa cun buque foi o deseño do primeiro trofeo da Copa Mundial da FIFA, tamén coñecido como o trofeo de Jules Rimet.