O outeiro Palatino[1] (en latín: Collis Palatium ou Mons Palatinus; en italiano: Palatino) é o máis central dos sete outeiros de Roma e unha das partes máis antigas da cidade. Érguese 40 metros[2] por enriba do Foro Romano, ó cal ten nun dos seus lados, tendo no outro o Circo Máximo.