Nick Hanauer

Modelo:BiografíaNick Hanauer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementosetembro de 1959
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Washington Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLeslie Hanauer Editar o valor en Wikidata

Sitio webwww.nickhanauer.com
TED: nick_hanauer Editar o valor en Wikidata

Nicolas Joseph Hanauer, nado en Nova York en setembro de 1959, é un empresario estadounidense e investidor de capital-risco.

Carreira empresarial

Hanauer naceu nunha familia xudía secular na cidade de Nova York e criouse en Bellevue, Washington.[1] O seu irmán é Adrian Hanauer, propietario maioritario do Seattle Sounders FC e propietario minoritario do Seattle Kraken. Despois de obter o título de Filosofía na Universidade de Washington, Hanauer comezou a traballar na Pacific Coast Feather Company, de propiedade familiar, onde exerceu de copresidente e CEO. Nos anos oitenta co-fundou a Museum Quality Framing Company, unha gran franquía da Costa Oeste dos EEUU.

Na década dos 90s, Hanauer foi un dos primeiros investidores en Amazon.com, onde exerceu de asesor até o 2000. Fundou Gear.com, que finalmente se fusionou con Overstock.com e Avenue A Media, e que Microsoft adquiriu en 2007 (co nome de aQuantive) por 6.400 millóns de dólares. Xestionou, fundou ou financiou máis de 30 empresas nunha ampla gama de industrias, incluíndo fabricación, venda retallista, comercio electrónico, medios dixitais e publicidade, do software, aeroespacial, de asistencia sanitaria e de finanzas, incluído Insitu Group (comprado por Boeing por 400 millóns de dólares) e Market Leader (comprado por Trulia en 2013 por 350 millóns de dólares).

En 2000, Hanauer co-formou a compañía de capital-risco con sede en Seattle, Second Avenue Partners, que "busca investir en equipos prometedores e ideas transformadoras nunha ampla gama de áreas, incluíndo internet, redes de consumo e redes sociais, software e enerxías limpas".[2] A compañía asesora e financia empresas en fase inicial como HouseValues,[3] Qliance,[4] e Newsvine.[5]

En 2018, os dous irmáns venderon a Pacific Coast Feather.[6]

Activismo cívico

Debate "Cambios laborais e cobertura dos empregados: ¿necesitamos un novo paradigma?" no simposio "Future of Work" do Departamento de Traballo dos EEUU, en decembro de 2015

Hanauer é cofundador de The True Patriot Network, un think tank progresista[7] enmarcado nas ideas que el e Eric Liu presentaron no seu libro de 2007 que defendía o progresismo patriótico, The True Patriot.[8] Hanauer e a súa esposa, Leslie, co-xestionan a Fundación Nick and Leslie Hanauer "que se centra na educación pública e no medio ambiente e, ademais, apoia unha variedade de causas a nivel local e nacional".[9] A súa fundación apoiou o Seattle Art Museum, o Seattle Center Fund, a Progress Alliance de Washington, cuxa visión é un "estado de Washington que é un lugar saudable para vivir con éxito económico e seguridade compartidos e unha democracia que funcione para a súa xente" , e Woodland Park Zoo. A parella tamén apoiou o capítulo de Seattle de United Way.[10]

Hanauer cofundou a League of Education Voters (LEV),[11] unha organización política apartidista dedicada a mellorar a calidade da educación pública en Washington. Tamén está presente no consello de administración de Cascade Land Conservancy, da Fundación Universidade de Washington. Hanauer apareceu no documental de Robert Reich Inequality for All .

A raíz do tiroteo de Sandy Hook, Hanauer co-fundou a Alianza de Washington para a responsabilidade de armas, cuxa misión é "presentar e apoiar solucións de sentido común para reducir a violencia con armas". A organización foi o principal patrocinador de varias iniciativas para a votación no estado de Washington, Iniciativa 594, que ampliou as leis estatais de verificación de antecedentes a todas as compras de armas; Iniciativa 1491, que autoriza aos tribunais a emitir ordes de protección contra riscos extremos para eliminar o acceso dun individuo ás armas de fogo;[12] Iniciativa 1639, para impor restricións na compra e propiedade de armas de fogo, incluíndo aumentar a idade mínima para mercar unha arma até os 21 anos, engadir comprobacións de antecedentes, aumentar os períodos de espera e promulgar requisitos de almacenamento.[13][14]

En xuño de 2014, Hanauer escribiu un artigo para a revista Politico na que prevía que as "forcadas" virían polos seus "compañeiros plutócratas do 01%" se non abordaban o problema da desigualdade de riqueza crecente. Resaltou que resultaría na destrución da clase media e danaría á clase rica, facendo comparacións co período anterior á Revolución francesa no século XVIII. Hanauer continúa este tema no seu podcast, "Pitchfork Economics with Nick Hanauer".[15][16][17]

En 2015, Hanauer fundou Civic Ventures and Civic Action, "un grupo de 'troublemakers' dedicados a ideas, políticas e accións que catalizan un cambio social significativo. Ao pensar, escribir e actuar fóra do ámbito do discurso político convencional, Civic Ventures dirixe a conversa económica e modifica fundamentalmente o 'statu quo' en Seattle, e nos Estados Unidos".[18]

Hanauer foi un defensor de aumentar o salario mínimo a 15 dólares por hora, axudando a iniciar o movemento nacional estadounidense que aumentou o salario mínimo en 21 Estados.[19][20] En 2013, "cando os traballadores de comida rápida en folga de todo o país comezaron a concentrarse polos 15 dólares por hora, Hanauer e David Rolf, un líder obreiro, iniciaron unha organización na pequena comunidade aeroportuaria de SeaTac, Washington, que resultou na primeira lei do país que impón ese salario mínimo".[21][22] En 2014, Hanauer foi membro do Grupo Consultivo de Desigualdade de Ingresos de Seattle, que propuxo, e finalmente aprobou, o salario mínimo de 15 dólares.[23] En 2016, Hanauer foi o maior contribuínte á Iniciativa 1433 do Estado de Washington, que apoiou "aumentar gradualmente o salario mínimo do estado de 9,47 a 13,50 dólares para 2020" e unha petición aos empresarios para que ofrezan baixas laborais por enfermidade.[24]

Controversia de Charla do TED

En maio de 2012, varios medios de comunicación en liña informaron de que a charla TED sobre desigualdade de Hanauer, do 1 de marzo de 2012, non fora publicada en liña por TED Talks.[25][26][27] Nesa breve presentación, criticou o que chamou "un dogma de fe para os republicanos", é dicir, a afirmación de que "se suben os impostos aos ricos, a creación de emprego baixará", dicindo:

"As empresas e os ricos non crean emprego. Os postos de traballo créanse mediante un lazo de retroalimentación entre clientes e empresas que os consumidores poñen en marcha aumentando a súa demanda." e "Se as taxas máis baixas do imposto sobre a renda para os ricos funcionasen realmente, estariamos ateigados de postos de traballo, porén aínda o paro e o subemprego están en máximos de récord". Como xustificación para non publicala, Chris Anderson, curador de TED, afirmou que sentía que a charla era "explicitamente partidista". Ademais, dixo, o público en directo de TED deu ao discurso críticas mediocres. A escritora do Huffington Post, Jillian Berman, expresou o seu desconcerto xa que TED xa emitira conversas de políticos como o ex-vicepresidente estadounidense Al Gore ou o primeiro ministro británico David Cameron sen dubidalo.[28] O editor xerente de Forbes, Bruce Upbin, sinalou que un gráfico que aparecía na charla de Hanauer mostraba datos incorrectos, mostrando que o paro aumentaba constantemente do 5,6% en 1995 ao 9,3% en 2009, mentres que en realidade o paro baixara algo do 5% recentemente a comezos de 2008.[29]

TED resérvase o dereito de publicar só as conversas que considera máis eficaces. Hanauer defendeu parcialmente a decisión de Anderson nunha entrevista con Sam Seder, dicindo que podía entender que a posición que el mesmo ofreceu na súa charla podería ser controvertida para a comunidade empresarial e que Anderson podería recibir críticas desproporcionadas pola súa decisión de reter a charla.[30][31] A presentación orixinal está dispoñible en YouTube [32] e na páxina de TED.[33][34]

Máis tarde, Anderson decidiu engadir a conversa máis recente e máis longa de Hanauer sobre un tema similar no TEDSalon NY2014, publicada o 12 de agosto de 2014. Anderson tamén publicou unha explicación da súa decisión e mostrouse a si mesmo e a Hanauer "enterrando a machada (de guerra)".[35] A súa charla de xullo de 2019, "O sucio segredo do capitalismo e un novo camiño a seguir" está dispoñíbel na canle de YouTube de TED Talks.[36] Nela non menciona a ningún partido político senón que chama as faltas da "teoría económica neoliberal" e presenta teorías económicas alternativas.

Notas

  1. "Seattle 1-percenter a leader in push for $15 minimum wage". 15 de febreiro de 2014. 
  2. "Nick Hanauer BUSINESS". nickhanauer.com. Consultado o 2022-02-20. 
  3. blog entry Arquivado 2012-07-08 en Archive.is, Seattle Post-Intelligencer.
  4. "Qliance Raises $4M To Expand New Primary Care Model, Circumvent Health Insurers". 7 de xullo de 2009. Consultado o 1 de novembro de 2010. 
  5. "Msnbc.com buys social news site Newsvine". 8 de outubro de 2007. Consultado o 24 de maio de 2017. 
  6. "Down and out: Why Nick and Adrian Hanauer sold their family business". www.bizjournals.com. Consultado o 2022-02-20. 
  7. Hill, Kashmir. "How The 'True Patriot Network' Tested Its Political Messages On The 99% Via Email". Forbes (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  8. "The True Patriot". 20 de marzo de 2008. Consultado o 1 de novembro de 2010. 
  9. "Waterfront Park — About". waterfrontparkseattle.org (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  10. "Washington Alliance for Gun Responsibility — Tech Philanthropists". Inside Philanthropy (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2021. Consultado o 2022-02-20. 
  11. "League of Education Voters - Putting Students First". League of Education Voters (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  12. "Washington Individual Gun Access Prevention by Court Order, Initiative 1491 (2016)". Ballotpedia (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  13. "Washington Initiative 1639, Changes to Gun Ownership and Purchase Requirements Measure (2018)". 
  14. "Washington Initiative 1639, Changes to Gun Ownership and Purchase Requirements Measure (2018)". Ballotpedia (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  15. "Pitchfork Economics with Nick Hanauer - TYT.com". tyt.com. Consultado o 2022-02-20. 
  16. "Nick Hanauer Economics". nickhanauer.com. Consultado o 2022-02-20. 
  17. "‎Pitchfork Economics with Nick Hanauer on Apple Podcasts". Apple Podcasts (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  18. "Nick Hanauer Activism". nickhanauer.com. Consultado o 2022-02-20. 
  19. "State Minimum Wages". www.ncsl.org. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2020. Consultado o 2022-02-20. 
  20. Worstall, Tim. "Nick Hanauer's Near Insane $15 An Hour Minimum Wage Proposal". Forbes (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  21. Ball, Molly (2015-12-22). "A Venture Capitalist’s Case for Raising the Minimum Wage". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  22. "City of SeaTac "Good Jobs Initiative" Minimum Wage Increase, Proposition 1 (Novembro de 2013)". Ballotpedia (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  23. "City of Seattle $15 Per Hour Minimum Wage Initiative (Novembro de 2014)". Ballotpedia (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  24. "Washington Minimum Wage Increase, Initiative 1433 (2016)". Ballotpedia (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  25. Tankersley, Jim.
  26. TIME Business & Money, 18 de maio de 2012.
  27. "Banned TED Talk: Nick Hanauer "Rich people don't create jobs"". Consultado o 2022-02-20. 
  28. Berman (17 de maio de 2012). "Nick Hanauer's TED Talk On Income Inequality Deemed Too 'Political' For Site [UPDATE]". Consultado o Setembro 9, 2014. 
  29. Upbin, Bruce. "The Real Reason That TED Talk Was 'Censored'? It's Shoddy And Dumb". Forbes (en inglés). Consultado o 2022-02-20. 
  30. Majority Report with Sam Seder, 30 de maio de 2012.
  31. "Nick Hanauer on His Banned TED Talk & Why the Middle Class are the Job Creators". Consultado o 2022-02-20. 
  32. "Nick Hanauer on inequality". Consultado o 2022-02-20. 
  33. "Coidado, amigos plutocratas, as forquilhas estão a chegar". TED.com. Consultado o 15-7-2021. 
  34. "Cuidado compañeros plutócratas, vienen las horcas". TED.com. Consultado o 15-7-2021. 
  35. Anderson, Chris.
  36. "The dirty secret of capitalism -- and a new way forward | Nick Hanauer". Youtube.com TED Talks. Consultado o 15-7-2021. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • The True Patriots (con Eric Liu), Sasquatch Libros, 2007.
  • Gardens of Democracy (con Eric Liu), Sasquatch Libros, 2011.

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!