New Day Rising é o terceiro álbum da banda estadounidense de rock alternativo Hüsker Dü, publicado o 31 de xaneiro de 1985 a través do selo SST Records. O disco continúa a tendencia de afastarse do rápido hardcore punk das primeiras edicións do grupo, dirixíndose cara a un material máis lento e melódico.[1] Este feito, xunto coa alta calidade musical e da produción foi percibido polos seareiros como un disco comercial, e a banda tivo que defenderse das acusacións de terse vendido.[2]
Tras o lanzamento de Zen Arcade en xullo de 1984, o dono de SST, Joe Carducci, pediu inmediatamente outro traballo.[3] O grupo quería autoproducilo, pero o selo insistiu que o fixesen con Spot, que producira moitos dos álbums da discográfica, incluídos todos os de Hüsker Dü. A atmosfera da gravación foi por ese motivo tensa.
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por Bob Mould, agás onde se indique.
Cara 1 |
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
1. |
"New Day Rising" | Bob Mould, Hüsker Dü |
2:31 |
2. |
"Girl Who Lives on Heaven Hill" | Grant Hart |
3:03 |
3. |
"I Apologize" | |
3:40 |
4. |
"Folk Lore" | |
1:34 |
5. |
"If I Told You" | Grant Hart, Bob Mould |
2:05 |
6. |
"Celebrated Summer" | |
3:59 |
7. |
"Perfect Example" | |
3:16 |
Cara 2 |
N.º |
Título | Escritor(es) |
Duración |
8. |
"Terms of Psychic Warfare" | Grant Hart |
2:17 |
9. |
"59 Times the Pain" | |
3:18 |
10. |
"Powerline" | |
2:22 |
11. |
"Books About UFOs" | Grant Hart |
2:40 |
12. |
"I Don't Know What You're Talking About" | |
2:20 |
13. |
"How to Skin a Cat" | Bob Mould, Hüsker Dü |
1:52 |
14. |
"Whatcha Drinkin'" | |
1:30 |
15. |
"Plans I Make" | Bob Mould, Hüsker Dü |
4:16 |
Notas
- ↑ Azerrad 2001, p. 188.
- ↑ Azerrad 2001, p. 189.
- ↑ Azerrad 2001, p. 187.
Bibliografía