Musa al-Hax

Modelo:BiografíaMusa al-Hax
Nome orixinal(ar) موسى الحاج Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Administrador apostólico
27 de xaneiro de 2014 – 5 de agosto de 2014
Arcebispo católico
28 de xullo de 2012 –
← Bulus Nabil al-Saya
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica maronita Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade de San Tomé de Aquino
Pontificio Instituto Oriental Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2012–), sacerdote católico (1980–), Arcebispo Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde Antoniana Maronita Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónBixara Pedro al-Rai Editar o valor en Wikidata

Musa al-Hax[1][2] (en árabe: موسى الحاج), nado o 19 de febreiro de 1954 en Aintura (Líbano),[3] é un eclesiástico católico maronita, actualmente arcebispo de Haifa e Terra Santa e exarca patriarcal de Xerusalén e Palestina e de Xordania.

Traxectoria

Primeiros anos

Al-Hax uniuse á orde relixiosa dos antonianos maronitas en 1972, facendo os votos perpetuos en 1979 e recibindo o 14 de agosto de 1980 a orde sacerdotal.[3]

Estudou Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino e Teoloxía Bíblica no Studium Biblicum Franciscanum (parte da Pontificia Universidade Antoniana), e doutorouse en Estudos Orientais e Liturxia polo Pontificio Instituto Oriental.[3] Ademais do árabe, fala inglés, francés e italiano; e coñece as linguas siríaca, grega, hebrea e aramea.

Logo de ser ordenado sacerdote, recibiu varios encargos pastorais na misión de Marxaiun do sur do Líbano (até 1985), e foi reitor do seminario de Santo Antonio de Padua de Karmsadi. Posteriormente desempeñou varios cargos na súa orde, así como na Universidade Antoniana. De volta ao Líbano, foi abade dos conventos de San Serxio e San Baco en Ihdin e Sarurta.[3]

Episcopado

O 16 de xuño de 2012 o papa Bieito XVI confirmou o seu nomeamento como exarca patriarcal de Xerusalén e Palestina e Xordania, así como arcebispo de Haifa e Terra Santa.[3] Foi consagrado bispo o 28 de xullo do mesmo ano, co patriarca de Antioquía Bixara Pedro al-Rai como principal consagrante.

O 27 de xaneiro de 2014 o papa Francisco nomeouno administrador apostólico da arquieparquía de Acre dos Greco-Melquitas logo da renuncia do seu titular Ilias Xaqur.[4]

É membro das Comisións Bíblica (dende 1993) e Litúrxica (dende 2011) do Patriarcado Maronita.

Notas

  1. Romanización do nome árabe segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito (2007).
  2. Tamén Moussa El-Hage, segundo a romanización francesa do seu nome.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Sala Stampa della Santa Sede, ed. (16 de xuño de 2012). "Dalle Chiese orientale". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (B0359). 
  4. Sala Stampa della Santa Sede, ed. (27 de xaneiro de 2014). "Rinunce e nomine". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (B0062). 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Bulus Nabil al-Saya
 Arcebispo de Haifa e Terra Santa 
dende 2012
Sucesor:
(no cargo)
Predecesor:
Bulus Nabil al-Saya
 Exarca patriarcal de Xerusalén e Palestina 
dende 2012
Sucesor:
(no cargo)
Predecesor:
Bulus Nabil al-Saya
 Exarca patriarcal de Xordania 
dende 2012
Sucesor:
(no cargo)

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!