Murad I

Modelo:BiografíaMurad I

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ota) مُراد اوَّل Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1326 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Bursa, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xuño de 1389 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Kosovo Field (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, acoitelamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBursa Editar o valor en Wikidata
Sultán do Imperio Otomán
1362 (Gregoriano) – 1389 (Gregoriano)
← Orhan IBayezid I → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónSultán Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloBey
Sultán Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia Otomana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeKera Tamara (1370 (Gregoriano)–)
Gülçiçek Hatun Editar o valor en Wikidata
FillosBayezid I
 () Gülçiçek Hatun
Savcı Bey
 ()
Nefise Hatun
 () Editar o valor en Wikidata
PaisOrhan I Editar o valor en Wikidata  e Nilüfer Hatun Editar o valor en Wikidata
IrmánsHalil Bey
Solimão Paxá Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNovo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopedic Lexicon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Murad I Hüdâvendigâr

Murad I, chamado Hüdavendiğar, "o Divino", nado posiblemente en Bursa en 1319/26 e finado en Kosovo Polje o 15 de xuño de 1389, foi Bey (príncipe) do Imperio Otomán entre 1359 e 1383, e sultán desde 1383 ata a súa morte. Fillo de Orhan I Gazi e a princesa bizantina Nilüfer Hatun.

Casou coa princesa bizantina Helena Paleóloga e coa princesa Tamara de Bulgaria e tivo catro fillos e dúas fillas:

Traxectoria

Murad, segundo fillo de Orhan e de nai cristiá, foi un home moi capacitado e enérxico moi propenso ao luxo (cousa descoñecida ata entón polos turcos, pero si polos gregos) e, a diferenza do seu pai e do seu avó, Osman I Gazi (que se apoiaron nas súas forzas nómades de cabalaría), propúxose transformar o seu principado asiático nun imperio europeo dotándoo dun exército permanente e un aparato burocrático baseado no do imperio bizantino.

Dentro das fronteiras dos países conquistados, a súa política consistiu en utilizar aos seus súbditos cristiáns para o progreso do estado otomán e os pobos cristiáns nunca foron inquietados por este monarca: podían conservar a súa relixión e costumes sempre que pagaran os impostos. En canto aos cristiáns decididos a entrar ao servizo do Estado e converterse ao islam foron ben recibidos na comunidade turca e así fixeron unha brillante carreira. Así se formou, xunto á adquisición de xóves escravos cristiáns, unha nova clase de funcionarios, os devshirme, na que estaba representada numerosas etnias e cuxa influencia era predominante. O seu papel consistiu en manter a unidade otomá e poñer en practica os principios turcos. Esta política a Murad foille favorábel, pois contaba cun grupo de funcionarios leais ao imperio pois a vella aristocracia turca moitas veces se mostrou autónoma ás ordes do monarca otomán.

Ao pouco de iniciar o seu reinado dispúxose a avanzar desde Gallipoli (a base que deixara o seu pai no continente europeo), sobre o territorio bizantino de Tracia, ao que ocupou. Esta conquista foi coroada en 1361 coa toma de Adrianópolis, que de alí en diante pasaría a denominarse Edirne e Murad a convertería na súa capital.

Proposto a avanzar sobre os Balcáns e rodear a Constantinopla, Murad enfrontouse aos principados de Serbia e Bulgaria.

En 1368 Murad dirixiu unha campaña sobre a costa do mar Negro, que se completou coa toma de Burgaz.

En 1371, o seu xeneral Evrenos Bey (un bizantino convertido ao islam) venceu en Çirmen ao último tsar (emperador) de Serbia, Estevo X Uros V e ao tsar Xoán VII Šišman de Búlgaria. Estevo X morreu na contenda e o seu país dividiuse en numerosos principados. Esta vitoria consolidou a súa posición en Tracia, permitiulle a ocupación de Macedonia e asegurou o vasallaxe do emperador bizantino Andrónico IV Paleólogo.

Esta vitoria permitiulle a outro xeneral de Murad, Kara Timurtas Bey avanzar sobre Bulgaria e tomar Sofia e Nis.

En 1383, en recoñecemento a esta campaña, o califa do Cairo nomeouno sultán.

Esta campaña motivou a unión dos principados serbios os cales, ao mando do príncipe Lázaro Hreveljanovič derrotaron a Kara Timurtas en Plosnik (1388) e obrigaron aos otománs a retirarse a Tracia e a Macedonia. Lázaro utilizou esta vitoria para armar a unión balcanica contra os turcos.

En resposta, Murad enviou ao xeneral Lala Sahin Pasa a reconquistar Bulgaria, confirmándose coa toma de Sofía e a súa capital Tirnova (actual Veliko Tirnovo). Xoán VII Šišman novamente se someteu a Murad privando a Lázaro dunha valiosa axuda.

Disposto a rematar coa resistencia serbia, Murad derrotou ao exército serbio do príncipe Lázaro en Kosovo Polje, sendo asasinado en pleno combate por un soldado serbio, que facéndose pasar por desertor conseguiu chegar á tenda do sultán, asestándolle unha puñalada cunha daga envelenada. O seu fillo Bayezid, presente tamén no combate, sucedeuno alí.

Á súa morte, o Imperio tiña unha extensión de 500.000 km².


Predecesor:
Orhan I
 Bey otomán 
1359 - 1383
Sucesor:
Converteuse en Sultán
Predecesor:
Converteuse en Sultán
 Sultán otomán 
1383 - 1389
Sucesor:
Bayezid I

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!