O Grupo A da Copa do Mundo de Fútbol de 2010, realizada en Suráfrica, estivo composto por catro equipos, que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos clasificáronse á seguinte fase, neste caso Uruguai con sete puntos e México con catro.
Na última clasificación Mundial da FIFA que viu a luz antes da celebración deste mundial (maio de 2010), Francia ocupaba o noveno posto, Uruguai o lugar número dezaseis, México o dezasete e Suráfrica o oitenta e tres. A media do grupo correspondía ao lugar número trinta e un, sendo con exclusión da máis baixa clasificación (Suráfrica), o rango medio de once.[1] O equipo que ocupou o primeiro lugar deste grupo, Uruguai, enfrontouse contra o segundo do grupo B, Corea do Sur. O segundo lugar do grupo, México, enfrontouse contra o primeiro do grupo B, Arxentina.
O Grupo A estivo composto polas seguintes seleccións:[2]
A fase de grupos constou de seis partidos, cun total de tres partidos xogados por cada selección. Segundo o sistema de competición da FIFA, cada equipo acumulaba unha puntuación en función dos seus resultados: 3 puntos por vitoria (até 1994 eran só 2), 1 por empate, 0 por derrota. De acordo coa mesma, o catro equipos foron ordenados en forma descendente. No caso de que houbese dous ou máis con igual cantidade de puntos, os criterios de desempate foron os seguintes:
Xogador do partido: Siphiwe Tshabalala
Árbitros asistentes: Rafael Ilyasov (Uzbekistán) Bakhadyr Kochkarov (Kirguizistán) Cuarto árbitro: Subkhiddin Mohd Salleh (Malaisia) Quinto árbitro: Mu Yuxin (China)
Xogador do partido: Diego Forlán
Árbitros asistentes: Toru Sagara (Xapón) Jeong Hae Sang (Corea do Sur) Cuarto árbitro Joel Aguilar (O Salvador) Quinto árbitro: William Torres (O Salvador)
Árbitros asistentes: Matthias Arnet (Suíza) Francesco Buragina (Suíza) Cuarto árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña) Quinto árbitro: Jan-Hendrik Salver (Alemaña)
Xogador do partido: Javier Hernández
Árbitros asistentes: Hassan Kamranifar (Irán) Saleh Al Marzouqi (Emiratos Árabes Unidos) Cuarto árbitro: Peter O'Leary (Nova Zelandia) Quinto árbitro: Matthew Taro (Illas Salomón)
Xogador do partido: Luis Suárez
Árbitros asistentes: Gabor Eros (Hungría) Tibor Vamos (Hungría) Cuarto árbitro: Martin Hansson (Suecia) Quinto árbitro: Stefan Wittberg (Suecia)
Xogador do partido: Katlego Mphela
Árbitros asistentes: Abraham Gonzalez (Colombia) Humberto Clavijo (Colombia) Cuarto árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina) Quinto árbitro: Ricardo Casas (Arxentina)