Muhammad Ahmad ibn Abd Allah Al-Mahdi (12 de agosto de 1844 - 22 de xuño de 1885) é un xefe político relixioso que creou un vasto Imperio islámico que se estendía dende o Mar Vermello ao centro de África, e fundador dun movemento cuxa influencia perdura no Sudán.
Promulgando a súa misión divina de purifica-lo islam, pretende se-lo Mahdi (enviado) anunciado polo islam. O punto culminante do seu movemento foi a toma de Khartoum o 26 de xaneiro de 1885 a pesar da defensa de Charles George Gordon. Funda un estado teocrático no Sudán con capital Omdourman, onde se atopa a súa tumba.
O estado Mahdista sobrevivirá ao seu fundador, ata a súa destrución en 1898 pola armada británica comandada polo LordHoratio Herbert Kitchener.