Movida viguesa

Siniestro Total, unha das formacións máis coñecidas da chamada movida viguesa.

A movida viguesa foi un período de creación cultural, xurdida entre 1977 e 1981, que se desenvolveu na cidade de Vigo durante a primeira metade da década de 1980, e que coincidiu no tempo coa movida madrileña.

Historia

Foi fundamentalmente un movemento musical e estético (a videocreación xogou un papel fundamental), asociado á nocturnidade e os bares da zona antiga da cidade, que supuxo unha reacción á música e mais aos valores convencionais da época, nun contexto de forte crise económica (con altas taxas de paro e unha forte reconversión do sector naval) e de certo escepticismo político xerado polo desencanto producido pola transición política principiado a finais da década de 1970, tras a desaparición da ditadura franquista.

A cidade vive unha febre de aparicións con infinidade de grupos de estilos moi variados (punk, pop, tecno, reggae ou funk), decote con letras caóticas e irreverentes, influídas pola posmodernidade, con escaso ou nulo compromiso coas convencións sociais imperantes.

Baixo o manto da movida viguesa xurdiron grupos como Sociedad Anónima (SA) Golpes Bajos, Aerolineas Federales, Os Resentidos, Semen Up, Siniestro Total, Bar, Los Buzos, Batallón Disciplinario, Vacuna Antibritánica ou Control Remoto[1].

Notas

  1. "La posmodernidad toma el poder en Vigo", artigo en El País, 15 de abril de 1984 (en castelán).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!