A movida madrileña foi un movemento contracultural xurdido durante os primeiros anos da Transición da España posfranquista e que se prolongou ata avanzados os anos oitenta.
Nado en Madrid, o movemento estendeuse mimeticamente a outros lugares do Estado (como a movida viguesa), coa conivencia e o alento dalgúns políticos, principalmente socialistas, entre os que destacarían o entón alcalde de Madrid, Enrique Tierno Galván, que estudara profundamente desde un punto de vista sociolóxico a cultura marxinal xuvenil (véxanse os ensaios contidos na súa obra El miedo a la razón). O apoio político a esta cultura alternativa pretendía mostrar un punto de inflexión entre a sociedade franquista e a nova sociedade da democracia; esta imaxe dunha España "moderna", ou canto menos aberta á modernidade, sería utilizada internacionalmente para combater a imaxe pexorativa que o país adquirira ao longo de catro décadas de ditadura. Porén, e a pesar deste movemento contracultural, gran cantidade das estruturas sociais e económicas do país eran herdadas do antigo réxime.
Pintura e fotografía, con artistas gráficos como Ceesepe, El Hortelano, Ouka Lele, Agust, Nazario, Miguel Trillo ou Alberto García-Alix. Os tres fundaron o primeiro colectivo de artistas que quedou en denominarse «CASCORRO FACTORY», de onde saíron as primeiras ideas transgresoras da incipiente movida madrileña. Tamén destacaron o dúo de orixe gaditana Costus e Guillermo Pérez Villalta. Mención especial para o fotógrafo outsider da movida, pero esencial, Gorka de Duo que foi o único destes que fotografou e acompañou a Andy Warhol.
Grafiti, seguindo o ronsel de El Muelle (Juan Carlos Argüello).
Anos despois desta época, fíxose unha enquisa sobre os temas musicais máis populares e emblemáticos da movida, cuxos resultados foron os seguintes, por orde desde o máis votado: "La chica de ayer", de Nacha Pop; "Para ti", de Paraíso; "Déjame", de Los Secretos; "Cadillac solitario", de Loquillo y los trogloditas; "Perlas ensangrentadas" e "Ni tú ni nadie", de Alaska; "Groenlandia", de Zombies; "Cuatro rosas", de Gabinete Caligari; "Cuando brille el sol", de La Guardia. Menos votos obtiveron "Noche de lluvia en Madrid", de Los Modelos; "Camino Soria", de Gabinete Caligari; "Insurrección", de El último de la fila; "La mataré", de Loquillo; "Pero a tu lado", de Los Secretos; "Enamorado de la moda juvenil", de Radio Futura; "Espiando a mi vecina", de Un Pingüino en mi Ascensor; "Malos tiempos para la lírica", de Golpes Bajos; "Autosuficiencia", de Parálisis Permanente etc.
Os grupos máis valorados foron: Parálisis Permanente, Alaska y los Pegamoides, Derribos Arias, Pistones, Radio Futura, Los Secretos, Nacha Pop, Gabinete Caligari, Loquillo y los Trogloditas, Paraíso, e Alaska y Dinarama etc.
Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!