O Movemento Alternativo Indíxena e Social (en castelán: Movimiento Alternativo Indígena y Social; ou MAIS) é un partido político colombiano, xurdido do seo da Organización Nacional Indíxena de Colombia, de ideoloxía indixenista, progresista e agrarista.
Fundouse no ano 2013 no concello caucano de Santander de Quilichao. O 9 de marzo de 2014, nas eleccións lexislativas de Colombia de 2014, o partido alcanzou un escano no Senado da República de Colombia con Luis Evelis Andrade. O 11 de marzo de 2018, nas eleccións lexislativas de Colombia de 2018, MAIS alcanzou con Feliciano Valencia un escano da circunscrición indíxena no Senado; tamén obtivo dous escanos da Cámara de Representantes con Abel David Jaramillo Largo pola circunscrición indíxena, e con César Pachón como representante por Boyacá.[1]