Morcego rateiro grande

Morcego rateiro grande

Myotis myotis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Familia: Vespertilionidae
Subfamilia: Myotinae
Xénero: Myotis
Especie: M. myotis
Nome binomial
'Myotis myotis'
(Borkhausen, 1797)
Mapa de distribución de M. myotis
Mapa de distribución de M. myotis

Mapa de distribución de M. myotis
Subespecies
  • M. myotis subsp myotis, Borkhausen, (1797)
  • M. myotis subsp macrocephalicus, Harrison e Lewis, (1961)

O morcego rateiro grande (Myotis myotis) é o maior representante do xénero, Myotis en Europa.

Descrición

As femias son algo maiores que os machos, de pelo curto e denso, cunha base escura e co dorso de cor marrón a parda agrisada e o ventre case branco; os espécimes novos son dun gris cincento e pel pardo avermellada.

O fociño é ancho e con avultamentos glandulares, o uropataxio é lampiño, cun esporón que cobre a metade do seu bordo.

O seu fórmula dentaria é .

Distribución

Mapa de distribución europea

Habita en Europa, Israel, Siria, Anatolia e Illas Azores. En Europa, ao sur dunha liña que pasa por Holanda, costa xermano-polaca e Crimea.

Hábitat

Ocupa zonas tépedas. Os seus territorios de caza e campeo adoitan ser bosques abertos de tipo adevesados e parques asociados con áreas marxinais urbanas, esta considerado unha especie forestal.

É unha especie tipicamente cavernícola, que utiliza como refuxios, covas, minas ou calquera tipo de cavidade subterránea, tamén se atopa en faiados e sotos, sobre todo en Europa central.

Gregario durante a cría, con colonias que poden reunir miles de femias a partir do mes de marzo. Os machos ao principio mesturados coas femias, sepáranse en pequenos grupos que volven a reunirse en agosto para a cópula.

Ameazas

As principais ameazas derívanse da destrución ou inutilización de refuxios e as molestias ocasionadas por espeleoturismo. A transformación e rehabilitación de edificios con colonias.

Notas

Galería

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!