O morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros) é a especie máis pequena do xéneroRhinolophus da rexión Paleártica; confúndeselle doadamante co Rhinolophus mehelyi e Rhinolophus euryale. Ten orellas grandes, cunha coloración dorsal parda máis ou menos escura e a parte ventral algo máis clara. As orellas e membranas alares sempre son máis escuras que o pelo do dorso. En estado de repouso envólvese totalmente coa membrana alar.
É de marcado carácter cavernícola, prefire áreas de cuberta vexetal arbustiva e arbórea, con presenza de augas superficiais. É capaz de ocupar altitudes moi amplas, con límite superior de 2.000 metros.
A reprodución prodúcese en colonias maioritariamente de femias. Teñen unha soa cría anual e as femias son fértiles dende os dous anos.
Aliméntanse principalmente de dípteros e nematóceros, aínda que en ocasións capturan presas sobre o chan.