Emprega refuxios de variada natureza, comunmente subterráneos durante o inverno, mentres que durante a época de actividade, en faiados, adegas e cavidades. As áreas de caza localízanse entre 200 e 1000 metros do seu refuxio. Para cazar empregan "perchas" ou posadeiros nocturnos, onde permanecen pendurados ata localizar unha presa. Distribúese dende o nivel do mar ata os 1600 metros de altitude.
É unha especie gregaria, forma colonias de ata novecentos individuos, sedentaria con gran fidelidade polos refuxios que reúnen condicións axeitadas para a cría e hibernación.
Ameazas
Polo seu marcado gregarismo e a baixa capacidade de rexeneración, unha soa cría anual, as perturbacións ou destrución das colonias de cría e hibernada, adoitan ser catastróficas, con perdidas elevadas de espécimes. O emprego masivo e indiscriminado de insecticidas forestais, (en Israel a fumigación masiva de covas para combater a Rousettus aegyptiacus levoulle ao bordo da extinción) e a transformación do hábitat. Todas estas circunstancias favorecen a súa xeneralizada regresión.