Monte Acibal

O monte Acibal é unha montaña galega, sita na área metropolitana de Pontevedra. Esténdese polos concellos de Barro, Campo Lameiro e Moraña.[1] Acada unha altura de 573 metros sobre o nivel do mar. Dende o seu cumio pódense observar as rías de Pontevedra e Arousa en día despexados.

O terreo que circunda o Monte Acibal é abrupto e montuoso, porén, cara ao noroeste é chan. Este monte forma parte dos contrafortes da dorsal galega cara á costa, atopándose entre o val do río Lérez ao leste e a depresión meridiana ao oeste. O monte separa as concas dos ríos Lérez e Umia. Na súa aba suroeste atópase o encoro do Pontillón do Castro.

A densidade de poboación nos arredores do monte é de 239 persoas por quilómetro cadrado, é dicir, atópase nunha zona densamente poboada.[2] A gran cidade máis próxima ao monte é Pontevedra, a 10,6 km ao suroeste. A área ao redor do monte Acibal está case cuberta de bosque mixto.[3]

O clima é tépedo. A temperatura media é de 13 °C. O mes máis caloroso é xullo, con 21 °C, e xaneiro o máis frío, con 6 °C.[4] A precipitación media é de 1,807 milímetros ao ano. O mes máis chuvioso é xaneiro, con 261 milímetros de choiva, e o máis seco é xullo, con 32 milímetros.[5]

Na década de 2020 proxectouse a construción dun parque eólico neste monte, porén as obras foron paralizadas por orde do TSXG por afectar negativamente ao patrimonio natural.[6]

Climograma de Monte Acibal
XFMAMXXASOND
 
 
261
 
9
3
 
 
172
 
12
4
 
 
158
 
14
5
 
 
156
 
19
7
 
 
104
 
22
9
 
 
67
 
26
13
 
 
32
 
27
15
 
 
43
 
26
13
 
 
119
 
23
14
 
 
222
 
17
9
 
 
242
 
13
6
 
 
230
 
9
3
temperaturas en °Ctotais de precipitación en mm

Notas

  1. "Vecinos del entorno del Monte Acibal hallan una piedra de unas 14 toneladas cerca de las obras de un eólico". 29 de febreiro de 2024. 
  2. "NASA Earth Observations: Population Density". NASA/SEDAC. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2016. Consultado o 30 de xaneiro de 2016. 
  3. "NASA Earth Observations: Land Cover Classification". NASA/MODIS. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2016. Consultado o 30 de xaneiro de 2016. 
  4. "NASA Earth Observations Data Set Index". NASA. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2016. 
  5. "NASA Earth Observations: Rainfall (1 month - TRMM)". NASA/Tropical Rainfall Monitoring Mission. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2020. Consultado o 30 de xaneiro de 2016. 
  6. "La empresa eólica que explota el monte Acibal sigue trabajando pese a la paralización decretada por el TSXG". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2024-05-15. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!