Este fenómeno coñécese como monoecia,[2] ou monoclinia.[3]
Como contraste, os organismos nos que os dous sexos está separados en diferentes individuos chámanse dioicos ou diclinos.
Etimoloxías
O termo monoecia está formado polos elementos mon- e -oecia, tirados do grego antigo μόν-, de μόνος mónos, "só", "único", e da palabra οἰκία oikía, "casa". Literalmente: "dunha soa casa".[2]Monoico deriva de monoecia.
En canto a monoclinia, é un termo formado polos elementos mono- e -clinia, este último derivado do grego antigo κλίνη klínē, "tálamo", "leito conxugal".[3] Literalmente: "dun só leito". Diclino deriva de diclinia.
Nos vexetais
Entre as especies de plantas monoicas distínguese, porén, entre as hermafroditas e as monoclinas. As especies que teñen flores hermafroditas, é dicir, con presenza de aparellos reprodutivos de ambos os sexos nunha soa flor, reciben o nome de monoclino-monoicas; aquelas plantas cuxos individuos presentan flores diferenciadas de ambos os sexos son chamadas diclino-monoicas; pola súa parte, as que conteñen tanto flores hermafroditas como unisexuais denomínanse polígamas.[4]
Tamén se di que isto pode estar relacionado coas ximnospermas, as cales teñen un cono masculino e tamén un cono feminino, que teñen a función xuntar os gametos na polinización e dar así lugar a unha semente que dará paso a un novo individuo.
Nos mamíferos, o hermafroditismo é un caso teratolóxico, é dicir, unha mala formación embrionaria. A pesar de que o mesmo individuo produce gametos dos dous sexos, a reprodución sexual exixe a unión de dous individuos de sexos diferentes, a fin de que se poida dar o intercambio de material xenético.