Tres dos seus membros fundaron a compañía Monneron Frères Negociants, no sector da banca e os investimentos, que emitiu as primeiras moedas de necesidade de Francia, coñencidas no ámbito numismático como monnerons.[3][4]
A familia
Esta familia era orixinaria da vila de Empurany, departamento de Arnéche, na rexión francesa de Auvernia-Ródano-Alpes, aínda que se estableceu en Chanas, Isère, despois de 1550. Antoine Monneron (1703-1791), un comerciante de sal nado nesta última vila, e a súa esposa, Barbe Catherine Arnault (1718-1792), tiveron unha vintena de fillos, dos que polo menos oito morreron nos primeiros anos. Antoine, que era membro da Loxa da Verdadeira Virtude, chegou a ser avogado no Parlamento de Antibes, nos Alpes Marítimos, e Controlador Xeral de Granxas do Rei.[1][5][6][7]
Os irmáns Monneron
Estes son os fillos de Antoine Monneron e Barbe Catherine Arnault dos que se coñecen datos:[6][7][8]
Charles Claude Ange (1735-1799). Político e comerciante.
Antoine Joseph (1736-1815). Político e comerciante.
Joseph François Augustin (1756-1826). Político e comerciante.
Varios dos irmáns ligaron o seu destino á incipiente República Francesa e á súa historia política, financeira e comercial.[8]
O máis vello, Charles, membro como o seu pai da Loxa da Verdadeira Virtude, foi o primeiro intendente xeral da Compañía Francesa das Illas Orientais. Logo da proclamación dos Estados Xerais, o reino entrou en dificultades orzamentarias e os tres irmáns máis vellos amosaron as súas intencións de xogar un papel político como representantes dos intereses económicos de Francia en ultramar.[8]
Convertidos en membros da burguesía mercantil e colonial, Charles Claude, Pierre Antoine e Jean Louis foron elixidos representantes, en abril de 1789, na asemblea que se debía reunir para os Estados Xerais. Representaban respectivamente, para o Terceiro Estado, as xuridicións de Annonay, a colonia de Illa de Francia e as Indias Orientais, e foron confirmados nos seus postos o 9 de xullo tras a constitución da Asemblea Nacional Constituínte. En 1792 presentaron a súa dimisión como consecuencia dunha operación financeira.[8]
Monneron Frères Negociants (Banque Monneron)
Os tres deputados monneron asociáronse para constituíren unha compañía con sede en París, que denominaron Monneron Frères Negociants, coñecida tamén como Banque Monneron, coa que fixeron contratos coa Convención, e estableceron sucursais polas principais vilas de Francia. Esta compañía xogou un importante papel nas finanzas francesas da época e os tres irmáns chegaron a fundar unha institución bancaria, a Caisse des Comptes Courants, que acabou por se fusionar co Banco de Francia en 1800.[9]
Porén, unha serie de operacións sen éxito deu cos negocios dos Monnerón na ruína, en marzo de 1792, e coa fuxida de Pierre Antoine.[1]
Estas moedas de necesidade tiñan como misión suplir a escaseza de circulante de valores baixos en cobre que reinaba na Francia da época, e a súa calidade tanto técnica como estética superou con moito as mediocres cuñaxes oficiais.[4]
Mediante unha comisión, os irmáns Monneron propuñan cambiar as súas moedas (que denominaban "moedas de confianza") contra assignats (o papel moeda emitido pola Asemblea Nacional durante a Revolución) consonte un baremo invariable de 50 libras tornesas[11]. Mais o seu exceso de confianza nas emisións de assignats revolucionarios e a súa rápida desvalorización deixounos cun enorme stock de assignats, en tanto que a poboación acumulaba as moedas, á medida que o cobre ía escaseando. Os Monneron cuñaran unha tiraxe de varios millóns de exemplares en Inglaterra, para o que tiveran que desembolsar importantes cantidades de diñeiro efectivo en ouro e en prata, o que trouxo consigo unhas perdas de tal envergadura que acabaron por provocar a creba.[4]
Tras a bancarrota de marzo de 1792 e a conseguinte fuxida de Pierre Antoine, o seu irmán Augustin intentou retomar estas emisións, mais unha lei do 3 de maio dese mesmo ano prohibiu a circulación de calquera tipo de moeda privada, o que se viu confirmado despois cun decreto do 3 de setembro que impedía a circulación de moedas de confianza. Nesta conxuntura, os monneron acabaron a súa circulación na fin de 1793.[4][12][13]
Tipoloxía das moedas
Á parte das sinaladas nas seguintes táboas, existen pequenas variantes de cuño e ensaios destas mesmas moedas noutros metais, así como probas doutros deseños, mesmo con valor dun soldo, algunhas delas supostamente de época posterior. Ningunha desas probas e ensaios chegou a fabricarse en serie nin, xa que logo, a circular.[14]
As moedas de dinco soldos teñen un diámetro de 40 mm e un peso que oscila entre 30 g e 33 g. O diámetro das de dous soldos é de 32 mm e o seu peso entre 17 e 18 g.[14]
VIVRE LIBRE OU MOURIR / PACTE FEDERATIF / XIII JUILLET MDCCXC
MONNERON FRERES NEGOCIANS A PARIS (data) / MEDAILLE DE CONFIANCE DE CINQ - SOLS A ECHANGER CONTRE DES ASSIGNATS DE 50L ET AU DESSUS / L'AN III DE LA LIBERTE
DEPARTEMENTS DE PARIS DE RHONE DE LOIRE DU GARD
Dúas variantes segundo a posición da data.
1792
A/ Pacto federativo
VIVRE LIBRES OU MOURIR / PACTE FEDERATIF / 14 JUILLET 1790
MONNERON FRERES NEGOCIANS A PARIS (data) / MEDAILLE DE CONFIANCE DE CINQ - SOLS REEMBOURSABLE EN ASSIGNATS DE 50L ET AU DESSUS / L'AN III DE LA LIBERTE
DEPARTEMENTS DE PARIS DE RHONE DE LOIRE DU GARD
Variante con L'AN IV no reverso e DEPARTEMENS DE PARIS RHONE LOIRE DU GARD no canto.
1792
A/ Pacto federativo
VIVRE LIBRES OU MOURIR / PACTE FEDERATIF / 14 JUILLET 1790
REVOLUTION FRANÇAISE (data) / MEDAILLE QUI SE VEND 5 - SOLS A PARIS CHEZ MONNERON PATENTÉ / L'AN IV DE LA LIBERTÉ
BON POUR LES 83 DEPARTEMENTS
Variante con DEPARTEMENS no canto.
1792
A/ Pacto federativo
VIVRE LIBRES OU MOURIR / PACTE FEDERATIF / 14 JUILLET 1790
REVOLUTION FRANÇAISE (data) / MEDAILLE QUI SE VEND 5 - SOLS A PARIS CHEZ MONNERON PATENTÉ / L'AN IV DE LA LIBERTÉ
LA CONFIANCE AUGMENTE LA VALEUR
A disposición en liñas do texto do reverso difire do modelo anterior.
1792
A/ Hércules
LES FRANÇAIS UNIS SONT INVINCIBLES / L'AN IV DE LA LIBERTÉ
REVOLUTION FRANÇAISE (data) / MEDAILLE QUI SE VEND CINQ - SOLS A PARIS CHEZ MONNERON PATENTÉ
LA CONFIANCE AUGMENTE LA VALEUR
Moedas de 2 soldos
Data
Motivo principal
Lenda anverso
Lenda reverso
Canto
Notas
1791
A/ Liberdade sedente
LIBERTE SOUS LA LOI / L'AN III DE LA LIBETRTÉ
MONNERON FRERES NEGOCIANS A PARIS / MEDAILLE DE CONFIANCE DE DEUX SOLS A ECHANGER CONTRE DES ASSIGNATS DE 50L ET AU DESSUS (data)
BON POUR BORD. MARSEIL. LYON. ROUEN. NANT. ET STRASB.
1792
A/ Liberdade sedente
LIBERTE SOUS LA LOI / L'AN IV DE LA LIBETRTÉ
REVOLUTION FRANÇAISE (data) / MEDAILLE QUI SE VEND DEUX SOLS A PARIS CHEZ MONNÉRON PATENTÉ
↑A libra tornesa era unha moeda de conta francesa equivalente a 240 diñeiros ou 20 soldos, que se deixou de usar coa imposición do franco. Véxase: Wailly. (1857). Mémoire sur les variations de la livre tournois. Impr. Impériale. París. Páxina 222.