Moll Flanders é un filme estadounidense dirixido por Pen Densham que se estreou en 1996.
Nada na miseria do Londres de comezos do século XVIII, Moll Flanders aprende axiña as leccións dunha vida de desgrazas e crueldades. Moll Flanders é filla dunha muller cuxo aforcamento atrasouse o tempo preciso para que ela nacese. Edúcase cunhas monxas que non poden dominar o seu espírito independente, un espírito que non posúe o intolerante sistema de clases da chamada ilustración. Moll aférrase con forza á idea de que un día coñecerá a felicidade pero, ata que ese intre chegue, non dubida en roubar e prostituírse para sobrevivir, sempre soñando cunha vida mellor. Un día, a súa sorte cambia cando un artista a contrata como modelo e se namora dela.