Milreu é un lugar da parroquia de San Vicente de Fervenzas no concello Coruñés de Aranga, na comarca de Betanzos. Tiña 41 habitantes en 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales 21 eran homes e 20 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 49 habitantes.
O 24 de xuño de 1946, foi avistado en Milreu por unha contrapartida, un grupo de guerrilleiros da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro. Foron mortos Marrofer, Lisardo Freixo, Ángel Álvarez Rego e José Doldán, logrando fuxir os demais guerrilleiros.
A Aldea de Arriba | Atá | Boqueixón | A Carballeira | Os Casarellos | O Fervencedo | Fongarandón | A Fonte Vella | A Igrexa | O Mato | Mende | Milreu | Muros | O Painzal | Os Paraños | Penas do Porto | Portoscalvos | Río de Bexo | Silvarredonda | O Sisto | A Torre Lavandeira | A Tragallía | Vallo | O Valló
Aranga (San Paio) | Cambás (San Pedro) | Feás (San Pedro) | Muniferral (San Cristovo) | San Vicente de Fervenzas (San Vicente) | Vilarraso (San Lourenzo)