Miguel Vila Pernas, nado na Habana en 1958[1], é un xornalista galego de temas gastronómicos en prensa e radio, ademais de cociñeiro.[2]
Traxectoria
Fillo de galegos emigrantes do Valadouro, reside en Galiza desde 1961. Fixo o Bacharelato no IES San Rosendo de Mondoñedo e estudou xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Nos últimos anos desenvolve un traballo xornalístico de investigación e divulgación da cociña e gastronomía galegas a través dos medios de comunicación.[1] É autor do primeiro blog sobre cociña e literatura gastronómica en galego, que puxo en marcha en 2005.[1][2]
Obras
- Olería tradicional en Galicia (1998)[2]
- Dicionario galego de gastronomía (1999)[2][3]
- Caldeirada para dous (mortos) (2003)[2][3]
- O crime de Santa Cruz do Valadouro (2004)[2]
- A cociña do Merlín (2006)[2][3]
- A cociña do Entroido e san Xoán (Xerais, 2006)[2]
- Hora de comer (2007, conto infantil)[1]
- Guía Gastronómica de Santiago (2008)[1]
- Guía Secreta da Gastronomía de Galicia: Lugo (2011)[1]
Premios
- Premio Alimentos de España 2005 ao mellor labor informativo continuado, concedido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, polos artigos publicados no diario El Progreso ao longo do ano 2005.[1][3]
- Premio Álvaro Cunqueiro, por Caldeirada para dous (mortos)[1]
- Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro en 2006, por A cociña do Merlín.[3]
- Premio Gourmand en 2006, por A cociña de Entroido e San Xoán.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Guía Secreta da Gastronomía de Galicia: Lugo". Editora Alvarellos. Arquivado dende o orixinal o 27-09-2020. Consultado o 20-10-2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Miguel Vila Pernas". La Casa del Libro. Consultado o 20-10-2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Miguel Vila Pernas". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 22-10-2020. Consultado o 20-10-2020.