A metrópole de Derkoi (en grego: Ἱερὰ Μητρόπολις Δέρκων) é unha sé ortodoxa da Igrexa de Constantinopla, situada no suburbio de Yesilköy en Istambul, Turquía. A súa catedral é a de San Parakevi en Therapia (Tarabya). O seu metropolitano é membro do Sínodo Patriarcal.
Historia
Aínda que se ten vencellado a orixe da sé á predicación de San André,non é mencionada con anterioridade ao século VIII, aínda que unha crónica pouco clara de Balsamon permite supoñer que foi estabelecida pouco despois do Concilio de Trullo de 692.
O primeiro bispo coñecido, Gregorio, asistiu ao Segundo Concilio de Nicea en 787. Nas crónicas dos concilios baixo Focio atópanse as sinaturas do seu partidario, Neófito, e de Macario, o partidario de San Ignacio. Arredor de 840 a sé era a vixésima dos arcebispados autocéfalos. O seu arcebispo, Xoán, subscribiu unha sentenza sinodal en 997. Balsamon tamén fala doutro prelado que pediu permiso para residir na cidade maior e máis rica de Phileas. Outro foi reprochado no Santo Sínodo polo patriarca Miguel coa ordenación dun bispo nativo de Constantinopla que non alcanzaba a idade canónica, e seica este foi o Xoán presente en 1166 no Concilio de Constantinopla. Outro Gregorio participou noutro concilio en 1193. En 1316 a sé foi dada ao arcebispo de Nymphaion, quen fora privado da propia sé. Lucas era arcebispo en 1329.
En 1466 era rexida directamente polo Patriarca Ecuménico de Constantinopla, e non foi restabelecida até os comezos do século XVII, cando o titular residiu en Therapia no Bósforo. Delcus foi convertida en metrópole en 1655.
En outubro de 1746 foi elevada ao oitavo posto na xerarquía grega. A diocese incluíu 41 vilas nas proximidades de Constantinopla, e ao longo das ribeiras do Mar Negro e do Mar de Mármara, entre elas San Stefano, Makriköy e Büyükdere.
↑"Ιάκωβος Παπαπαϊσίου, Μητροπολίτης Δέρκων (1885-1980)". Arquivos Xerais do Estado (Grecia) (greekarchivesinventory.gak.gr)(en grego). Consultado o 25/04/2022. Στις 23 Μαΐου 1950 εξελέγη Μητροπολίτης Δέρκων. Παραιτήθηκε λόγω γήρατος την 1 Μαρτίου 1977