En 1908 a Igrexa de Grecia recibira autoridade sobre os gregos ortodoxos en América, mais en 1922 o patriarca Melecio IV de Constantinopla transferiu a arquidiocese novamente á xurisdición da Igrexa de Constantinopla. En 1996 a arquidiocese foi dividida polo Patriarcado Ecuménico, dividindo a administración dos dous continentes en catro partes (América, Canadá, América Central e América do Sur), deixando só o territorio dos Estados Unidos para a Arquidiocese de América.
Organización
A arquidiocese de América está composta por un distrito arquidiocesano (a cidade de Nova York) e oito metrópoles: Nova Jersey, Chicago, Atlanta, Detroit, San Francisco, Pittsburgh, Boston e Denver. Está gobernada polo Arcebispo e polo Sínodo Eparquial de Metropolitanos. O Sínodo está dirixido polo Arcebispo (como primeiro entre iguais) e comprende aos Metropolitas das diferentes metrópoles.
Ten mais de 500 parroquias, 800 sacerdotes e entre 400.000 e 2 millóns de fieis, dependendo das fontes. Os estados co maior número de fieis son Massachusetts, New Hampshire, Rhode Island e Nova York. Porén, tamén hai un gran número de fieis en Florida e California. A arquidiocese tamén inclúe 21 comunidades monásticas. Ademais, a arquidiocese dirixe un seminario, a Holy Cross Greek Orthodox School of Theology en Brookline, Massachusetts, que atende non só aos seminaristas ortodoxos gregos, senón tamén aos seminaristas doutras xurisdicións.
↑Erickson, John H. (2010). Orthodox Christians in America: A Short History [Cristiáns ortodoxos en América: unha historia breve]. Oxford University Press. p. 73. ISBN9780199951321.
↑ 3,03,1Hemeyer, Julia Corbett (2015). Religion in America [Relixión en América]. Taylor & Francis. p. 142. ISBN9781317344575.
Karpathakis, Anna (2013). "Greeks and Greek-Americans, 1870-1945". En Barkan, Elliott Robert. Immigrants in American History: Arrival, Adaptation, and Integration [Os inmigrantes na historia americana: chegada, adaptación e integración]. ABC-CLIO. p. 395. ISBN9781598842197.