O McDonnell Douglas (agora Boeing) F-15E Strike Eagle é un caza polivalente todotempo estadounidense derivado do McDonnell Douglas F-15 Eagle.[1] O F-15E foi deseñado nos anos 80 como un interceptor de grande alcance e alta velocidade sen depender de avións de escolta ou de guerra electrónica. Os Strike Eagle da USAF poden distinguirse doutras variantes estadounidenses do Eagle pola súa camuflaxe máis escura e polos seus tanques de combustible comformables montados ao longo das entradas de aire do motor (aínfa que estes tanques de combustible tamén se montaron nas primeiras variantes do F-15).
O Strike Eagle despregouse en operacións militares en Iraq, Afganistán, Siria e Libia. Durante esas operacións o F-15E realizou ataques profundos contra obxectivos de gran valor e patrullas aéreas de combate, e proporcionou apoio aéreo próximo para tropas aliadas. Tamén foi exportado a varios países, como Israel e Arabia Saudita.
Operadores
Notas