Mathis Bolly, nado en Oslo o 14 de novembro de 1990, é un futbolista noruegués–marfilés que xoga como centrocampista co Greuther Fürth.
Traxectoria
De pai marfilés e nai norueguesa, Bolly medrou no barrio de Holmlia en Oslo, e xogou nas seccións inferiores do Lyn, Oppsal e Holmlia antes de fichar polo Lillestrøm en 2008.[1] Fixo o seu debut no primeiro equipo na Tippeligaen contra o Stabæk e xogou dous partidos na súa primeira tempada co club.[2] Na segunda tempada, en 2009, xogou dez partidos na división de honra.[3] Bolly logrou o seu primeiro gol na máxima competición norueguesa nunha vitoria 1–0 contra o Sandefjord o 3 de outubro de 2010.[4] Durante a tempada 2012 marcou catro goles e fixo catro asistencias.[5] Logo aceptou unha oferta do Fortuna Düsseldorf e o 2 de xaneiro de 2013, firmou por tres ano e medio co club alemán.[6]
Debutou na Bundesliga nun enconro contra o Mainz 05 como substituto. No seguinte partido, contra o FC Bayern München o 9 de marzo de 2013, puntuou para o Fortuna Düsseldorf nunha derrota 3–2.[7] E na semana seguinte deulle outro gol ao equipo nun empate 1–1 contra o VfL Wolfsburg.[8] O Fortuna Düsseldorf baixou de categoría na tempada 2012–13 mais Bolly permaneceu co equipo na 2. Bundesliga[9]
Carreira internacional
Bolly xogou tres partidos coa selección norueguesa sub-19 en 2009 pero en maio de 2013 o adestrador da selección de Costa do Marfil convocouno para a rolda de clasificación do mundial contra Gambia e Tanzania.[10] Xogou o seu primeiro encontro con Costa do Marfil contra Gambia o 8 de xuño de 2013.[9] O seu segundo partido foi nun amigable contra México en agosto de 2013, xogando ao lado de Didier Drogba.[11] Tamén o chamaron para xogar con Costa do Marfil no Mundial de Fútbol Brasil 2014 no Brasil, e debutou nun mundial na segunda parte no partido contra Colombia.
Notas