Matamá é un lugar da parroquia do Pao no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Segundo o INE en 2011 tiña 43 habitantes[1] e do IGE[2] (17 homes e 26 mulleres), 5 menos que no ano anterior.
Está situado nunha ladeira da serra da Moura. Cara ao sur están as montañas do Castro (Castro Laboreiro) que delimitan Galicia con Portugal, e cara ó oeste vense as ladeiras dos montes que levan á Cañiza e tamén o percorrido do río Miño.
O topónimo Matamá é un fitónimo derivado de MATTA (de orixe prerromana) MALA (de orixe latina), referido a un terreo de pouca calidade ou difícil de traballar[3].
Abellás | Balteiro | Buíñas | Os Cachopos | Cimadevila | Cortiñal | Couto | Feardos | Gomesende | Guielas | Lamaboa | Louredo | Mariz | Matamá | Moreiras | O Noval | O Pao | Paredes do Pao | Penamá | A Pombiña | Souto do Bispo | Val de Feardos | Viñal
A Guía (Santa María) | O Pao (Santa María) | Penosiños (San Salvador) | Poulo (San Pedro) | San Lourenzo de Fustáns (San Lourenzo) | O Val (Santa María)