Masa sonora

A masa sonora ou masa de son é unha textura musical cuxa composición, en contraste con outras texturas máis tradicionais, «minimiza a importancia das alturas musicais individuais para preferir a textura, o timbre e a dinámica como principais formadores do xesto e o impacto».[1]

Descrición

Esta técnica foi desenvolvida partindo dos clústers empregados no modernismo musical e que despois se estendeu á escritura orquestral contra finais dos anos 1950 e 1960. A masa sonora «difumina a fronteira entre o son e o ruido».[1] Unha textura pode disporse de tal xeito que «estea moi próxima ao status de conxunto fusionado de timbres dun único obxecto, por exemplo o acorde Northern lights..., nunha distribución moi interesante de alturas, produce un son fusionado que se apoia nun redobre de prato suspendido.»[2]

Entre as técnicas que poden dar lugar á masa sonora, ou ben ser aplicadas con ela, inclúense técnicas estendidas como os metais ou cordas axordiñados, o flutter-tonguing, o vibrato amplo, os rexistros extremos e os glissandi.

Compositores e obras

A utilización de "acordes que se aproximan a timbres" comezou da man de Debussy e Edgard Varèse quen anotaban coidadosamente cada parte instrumental para que se fusionara formando un timbre de conxunto ou masa sonora.[3]

No entanto, unha das mostras máis temperás deuse moito antes no tempo. Trátase do inicio do ballet Les Elémens (1737-1738) do compositor barroco Jean-Féry Rebel, no cal o caos está representado por un clúster orquestral gradualmente acumulativo formado polas sete notas da escala de Re menor.[4] Outro exemplo máis recente é o terceiro movemento do Cuarteto de corda de Ruth Crawford Seeger, que data de 1931. Así como a música baseada en pedais múltiples de Phill Niblock.

Encontramos máis mostras nas composicións "texturais" da década de 1950 e 1960:

Do mesmo xeito, a técnica de masas sonoras aparece na produción doutros compositores como Witold Lutosławski, Karel Husa, Kazimierz Serocki, Tadeusz Baird, Henryk Górecki, Martin Bresnick, Steven Stucky, George Crumb,[5] Barbara Kolb, ou Nancy Van de Vate.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Edwards, J. Michele: «North America since 1920» en ed. K. Pendle: Women & Music: A History. Indiana University Press, 2001 [1991], pp. 326-327
  2. Erickson, Robert: Sound Structure in Music. University of California Press, 1975, pp. 166-168
  3. Erickson, Robert: Sound Structure in Music. University of California Press, 1975, pp. pp. 18-21
  4. Henck, Herbert: Klaviercluster: Geschichte, Theorie und Praxis einer Klanggestalt. LIT Verlag Münster, 2004, pp. 52-54
  5. «Synopsis of Twentieth Century Styles and Composers» en University of Northern Colorado

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Específica
  • Cope, David: Techniques of the Contemporary Composer. Schirmer, 1997. ISBN 0-02-864737-8
  • Drott, Eric: «Lines, Masses, Micropolyphony: Ligeti's Kyrie and the 'Crisis of the Figure'» en Perspectives of New Music, 49 (1):4-46, 2011. (JSTOR)
  • Edwards, J. Michele: «North America since 1920» en Pendle, K. (ed.): Women & Music. Indiana University Press, 2001 [1991]. (Google libros)
  • Erickson, Robert: Sound Structure in Music. University of California Press, 1975. (Google libros)
  • Fortune, Nigel: «Monody» en Grove Music OnlineArquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine. ed. L. Macy (consultado el 24-09-2006).
  • Frobenius, Wolf: «Polyphony» en Grove Music OnlineArquivado 16 de maio de 2008 en Wayback Machine. ed. L. Macy (consultado el 24-09-2006).
  • Griffiths, Paul: «Ligeti, György (Sándor)» en New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. Londres: Macmillan, 2001 [1980].
  • Henck, Herbert: Klaviercluster: Geschichte, Theorie und Praxis einer Klanggestalt. LIT Verlag Münster, 2004. (Google libros)
  • Steinitz, Richard: György Ligeti: Music of the Imagination. Faber & Faber, 2011 [2003]. (Google libros)
Xeral
  • Benward, Bruce & Saker, Marilyn: Music in Theory and Practice, vol. 1 & 2. McGraw-Hill, 2009 [2003].
  • Copland, Aaron: What to Listen for in Music. Penguin, 1957. Cómo escuchar la música. Fondo de Cultura Económica, 2008. (Google libros)
  • Corozine, Vince: Arranging Music for the Real World: Classical and Commercial Aspects. Mel Bay, 2011. (Google libros)
  • DeLone, Richard: «Timbre and Texture in 20th-Century Music» en Aspects of 20th-Century Century Music. Prentice Hall, 1975, pp. 111–113. (Google libros)
  • Griffiths, Paul: The Penguin Companion to Classical Music. Penguin, 2004. (Google libros)
  • Hanning, Barbara Russano: Concise History of Western Music. W. W. Norton, 1998. ISBN 0-393-97168-6
  • Kliewer, Vernon: «Melody: Linear Aspects of 20th-Century Music» en Aspects of 20th-Century Music. Prentice Hall, 1975, pp. 270–301. (Google libros)
  • Lanza, Andrea: El siglo XX. Madrid: Turner Música, 1986. ISBN 84-7506-186-9
  • Michels, Ulrich: Atlas de música. Madrid: Alianza, 2009 [1982]. ISBN 84-206-6999-7
  • Randel, Don Michael (ed.): Harvard Dictionary of Music. Harvard University Press, 2003. (Google Libros)
  • Xenakis, Iannis (1992). Formalized Music: Thought and Mathematics in Composition, segunda edition (Harmonologia Series No.6). Stuyvesant, NY: Pendragon Press. ISBN 1-57647-079-2. Reprinted, Hillsdale, NY: Pendragon Press, 2001.

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!