Os exoplanetas máis masivos son xeralmente descritos en termos de masas de Xúpiter xa que isto proporciona unha escala moi cómoda para comparar. Un planeta cunha masa de Xúpiter a unha distancia orbital de 1 UA respecto dunha estrela semellante ó Sol, provoca un cambio de amplitude de 28 m/s, que é detectable coa tecnoloxía actual.[2] Os planetas máis facilmente detectables a través das medicións da velocidade radical teñen moita masa e orbitan moi preto da súa estrela nai. Isto produce un efecto de selección para os planetas con masas semellantes a de Xúpiter. Por outra banda, os planetas con masas superiores a de Xúpiter son detectables máis facilmente con outros métodos, coma os tránsitos ou as microlentes.[3]
Un planeta cunha masa de Xúpiter pode non ter as mesmas dimensións cá Xúpiter. Calcúlase que masa teórica mínima dunha estrela pode ser, e que aínda estea sometida á fusión do hidróxeno no seu núcleo, dunhas 75 veces a masa de Xúpiter, mentres que a fusión do deuterio pode ocorrer o redor de masas tan baixas coma as 13 masas de Xúpiter.[4][5][6]
No Sistema Solar, ás veces, as masas dos planetas exteriores son expresadas en masas de Xúpiter.
↑Alan, Boss (03-04-2001). Carnegie Institution of Washington, ed. "Are They Planets or What?". Arquivado dende o orixinal o 28-09-2006. Consultado o 08-06-2006.